Imos, umha vez mais, a tentar ajudar ao nosso presi Feijoo a buscar responsabilidades nas origens da vaga de lumes que, ano sim, ano também, estám a deixar Galiza arrasada.
Acometer esta barbaridade nom está ao acesso de qualquer, o aluguer de umha avioneta pode supôr gastar como mínimo uns 200 € (segundo informaçom de empresas que se adicam a elo) e ademais há que incluir o gasto em aparatos incendiários (nem ideia do prezo, pero já postxs a voar, supom-se que tirarám vários em cada viagem), e se a isso sumamos que o control aéreo é muito mais singelo que o control de motoristas por pistas ou de paseantes polos montes, por quê nom se começam a investigar por ai?, ademais, eu estou certo, que os intereses de quem se sube a umha avioneta para arrojar aparatos incendiários, nom é um simples pirómano, senom que som gente pagada por pessoas interesadas em que ardam arboredas e parques naturais, e os beneficiários disso só podem ser gente de muitos quartos com muitos intereses especulativos que se aproveitam dos cambeos legislativos promovidos polos diferentes governos. Ai é onde podem começar a buscar xs culpáveis e deixar de alardear de detençons a pirómanxs enfermxs, "éxitos" que defundides em tudos os vossos medios desinformativos, como o último caso da mulher de Salceda a quem se lhe acusa de prender 13 lumes dos que ela mesma era a primeira em avissar à vizinhança para apaga-los.
Nom é a primeira vez que se atopam estes aparatos arrojados desde o ar, de feito já é umha costume conhecida polo povo que a sofre, mais semelha que os governos sucessivos nunca gostaram de remexer ne-la, nom vaia ser...
E assim, por aquilo de buscar mais informaçom sobre isto, dim com estoutra denúncia dumha persoa que em 26 de junho deste ano escreviu e publicou numha rede social (sic, deixo tal qual) com esta foto adjunta:
MAFIA!! NEGLIXENCIA!! CORRUPCIÓN!! ATENTADO AO MEDIO NATURAL!! QUE EXPLICACIÓN PODE TER ISTO???
Este curioso artefacto foi achado hoxe pola maña na miña aldea, A Galea; na parroquia de Bealo deste concello de Boiro. Como podedes ver consiste nun paracaídas e un artefacto pirotécnico e que como non puido ser doutra maneira foi lanzado dende algún aparato capaz de voar. Este tipo de artefactos foron achados en varias ocasións por nós mesmos nos últimos anos e incluso algún puido ser testigo de como eran lanzados dende un aeroplano. Como se debía facer estes feitos foron denunciados ante Garda Civil e Policía Local sen recibir resposta nin atención nos medios.
NADIE SABE NADA??
O caso é que a escasísimos kilómetros está situada na Serra do Barbanza a Estación de Vixilancia Aérea Nº10 do Exército do Aire e que participa no control aéreo. Os aparatos de dita base lograron incluso detectar o paso de meteoros pola zona fai uns anos polo que non creo que haxa dúbida da eficacia dos seus sistemas. Se se detecta algún aparato voante que non se identifica nin dá resposta inmediatamente envíase un avión de caza a comprobar e en caso necesario obligalo a aterraxe ou ataque.
TENDO UN CONTROL AÉREO TAN EXCELENTE PODEMOS DEDUCIR QUE SÍ QUE SE SABÍA QUEN ANDABA POLOS CEOS NESES INTRES E POR TANTO SÁBESE QUEN É O CULPABLE.
Que hai detrás disto? Por qué se repite tantas veces, incluso en outros lugares, e as autoridades non actúan? Donde están moitos culpables de tan grandes danos aos nosos bosques e que, como digo, algúns incluso teñen aparatos de voo??? Creo que resulta máis sinxelo atopar a un piloto incendiario que a un pirómano que actúa sobre o terreo.
ONDE ESTÁ A XUSTIZA!?!?!?
Artículo assinado por eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario