10 sept 2013

A morte de David Blanco en Comisaria: "Queremos saber a verdade!!"

Enviáronnos un correo con o enlace ao audio da gravación da charla que Begoña e Fernando, a nai e o pai de David deron, o pasado dia seis, no Elorrixoko Gaztetxea, e colamola para axudar a expandir este caso para aquelas persoas que ainda non saben del e recordarllo a quen si sabe. Lembremos que Begoña e Fernando estiveran por Galiza dando charlas dentro das Xornadas: "Din que Reisertan pero Exterminan - O Cárcere a Debate" onde estiveran da man das "Nais Contra a Impunidade" xunto a Dolores, nai de Noelia Cotelo.

David,que tiña 22 anos, fora detido cando, presuntamente, intentaba aceder a unha autoescola do mesmo barrio a efectuar un roubo. e morrera en "extrañas circunstancias" na comisaria de Xixon en 26 de decembro de 2008 cando estaba baixo "custodia policial", o protocolo policíal a seguir neste tipo de situacións estivera cheio de irregularidades e de curiosas neglixencias. Dende entón Begoña e Fernando xunto a demais amizades e familia de David levan dando charlas e concedendo entrevistas, alá por onde poden e para quen queiran, có gallo de reclamar a apertura do caso. E nelo seguen agora, a menos de catro meses para que prescriba o caso, cando as contradiccións entre a versión dos feitos que aparece na causa xudicial, o informe da sua autopsía e o informe de tóxicos de Madrid seguen sen aclararse:



Dende a familia de David queren agradecer de todo corazón o trato recibido nesta última semana por parte da xente que cedeu os seus espazos para a organización das charlas e a todas as persoas que nos deixaron, e ofrecido, as súas casas por facernos sentir mellor que no noso propio fogar. Tamén corresponder a todas e todos os que habeis destinado unhas horas do voso tempo a asistir ás charlas por darnos o voso cariño, a vosa atención e a vosa empatia, valores que ata hai pouco tempo pensabamos que xamais chegariamos a compartir. Esperamos poder volver vervos pronto. Un abrazo e forza.

Completamos esta información ofrecendovos este video (que fora censurado en YouTube, e despois reposto) e que fora gravado case un ano despois da morte de David:


Dicer que tambén solicitan sinaturas na web change.org

Máis información:

- Carta de Begoña e Fernando sobre os feitos en Tokata

No hay comentarios:

Publicar un comentario