Colamos de SermosGaliza:
A sala 3 da Audiencia Nacional española condena a penas de entre 10 e 18 anos de cadea @s catro independentistas xulgad@s o pasado mes de xuño. O tribunal considera probada a existencia dunha organización terrorista na Galiza. Os avogados coñeceron a sentenza polos medios de comunicación.
Os avogados da defensa tiveron constancia da sentenza e das condeas a través dos medios de comunicación.
A xustiza española fixo pública aos medios de comunicación a sentenza condenatoria d@s 4 independentistas xulgad@s o pasado mes de xuño pola Audiencia Nacional española.
Segundo informan as axencias de noticias o tribunal español considera probada a existencia dunha organización terrorista na Galiza e condena a Antóm Santos, María Osório, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega a penas de entre 10 e 18 anos de cadea por "participación en organización terrorista, falsificación de documento oficial e tenza de explosivos", segundo recolle a sentenza emitida polo xuíz Alfonso Guevara.
En base a esta sentenza, Antom Santos e María Osorio son condenados a 10 anos de prisión cada un: "8 por participación en organización terrorista e 2 por falsificación en documento oficial con fins terroristas".
No que atinxe a Eduardo Vigo e Roberto FIalhega 'Teto', a pena que a Audiencia Nacional impón a cada un deles é de 18 anos, pois a participación "en organización terrorista" e "falsificación en documento oficial" engade a de "tenza de explosivos con fins terroristas".
Aliás, deberán abonar os custes procesais do xuízo por partes iguais.
Preocupación
Desde organizacións e colectivos anti-represivas alertouse nestes meses de que unha declaración da Audiencia Nacional nesta liña abriría as portas a unha dinámica de ilegalizacións.
Após facerse pública a sentenza, a defensa conta con cinco días a contar desde o seguinte da notificación para presentar un recurso de casación perante o Supremo.
Eduardo Vigo e Roberto Fialhega foron detidos en outubro de 2011, acusados pola Policía de preparar un atentado "inminente". Tres días despois, e en Lugo, a Policía detiña a Antom Santos e María Osorio.
12 sept 2013
A Audiencia Nacional considera probada a existencia de Resistencia Galega e condena a 10 e 18 anos de cadea @s 4 independentistas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Colamos acá, para información de quen queira saber, as primeiras opinións dos xornais dixitais GalizaLivre e mais DiárioLiberdade:
ResponderEliminarQuerem a Guerra:
http://www.galizalivre.org/?q=noticia/12.09.2013/querem-guerra
Filtram sentença de grande dureza do tribunal especial espanhol contra 4 independentistas galegos:
http://www.diarioliberdade.org/artigos-em-destaque/409-repressom-e-direitos-humanos/41731-filtram-senten%C3%A7a-de-grande-dureza-do-tribunal-especial-espanhol-contra-quatro-independentistas-galegos.html
Tamén para quen lle poida interesar, as convocatorias de concentracións en solidariedade para hoxe, día 13 de setembro:
ResponderEliminarFERROL. Praça Amada Garcia às 21:00 h.
PONTE VEDRA. Praça da Peregrina às 20:30 h.
COMPOSTELA. Praça da Galiza às 20:00h
CORUNHA. Rua Barcelona esquina Mercado das Cunchinhas às 20:00 h.
LUGO. Praça Maior às 20:30h.
OURENSE. Jardins do Padre Feijoó às 20:00h.
VIGO. MARCO (rua do Príncipe) ás 20:00 h.