Un activista contra os desafiuzamentos pasou 17h subido a unha farola da praza de Sol en protesta contra o caracter especulativo da candidatura española ás olimpiadas e contra o desafiuzamento e o derrubamento dunha vivenda na rúa Ofelia Nieto do madrileño barrio de Tetuan.
Os bombeiros negáronse ata en tres ocasións a baixar pola forza ao activista, que finalmente foi detido tras descender voluntariamente a iso das dúas desta tarde, pese a que a súa intención inicial pasaba por manter a protesta ata que esta noite comuniquen o emplazamento da próxima sede olímpica.
Durante o transcurso da protesta, secundada a pé de rúa por numerosos solidarios, detiveron a outros tres manifestantes por cargos de atentado, resistencia e desobediencia.
A acción comezou onte ás nove da noite, despois dunha xornada reivindicativa de "Olimpiadas contra a corrupción" na porta de Alcalá, cando o activista subiu a unha das farolas da Porta do Sol despregando unha enorme faixa na que se podía ler: "Madrid 2020 evicts" xunto ao símbolo de Stop Desafiuzamentos, a unha sinal de prohibido cunha excavadora tachada e a frase "Ofelia resiste", en relación a campaña contra o derrubamento dunha vivenda da que recentemente se evitou o seu desafiuzamento (máis info disto no seu blog AQUÍ). Un nutrido grupo de persoas apoiaron dende a praza a protesta, coreando consignas contra os desafiuzamentos e as olimpiadas, ata que foron desaloxadas das proximidades da farola polos antidisturbios.
Pese as ameazas e aos continuados requerimentos da policía, os bombeiros rexeitaron prestar axuda aos madeiros para baixar ao activista, e o único que fixeron foi colocar colchonetas debaixo da farola para evitar posibles lesións. O que empeza a ser un moi saudable costume destes corpos de emerxencias.
A policía tentou negociar infructuosamente co irreductible da farola, despois do cal quitáronlle pola forza a pancarta e máis a corda coa que os seus compañeiros abastecíanlle de auga e alimento. Pese a todo, mantívose alí subido durante toda a mañá de hoxe ata que decidiu baixar voluntariamente no mediodía de hoxe. Foi inmediatamente detido con cargos de desobediencia, resistencia e desordes públicos e conducido a dependencias policiais entre os berros solidarios dos seus compañeiros.
Os medios comerciais, polo menos ata a hora de escribir isto, apenas recollían a noticía, e os que o facían era nas súas seccións madrileñas, pese a que a protesta realizouse na Porta do Sol ante as cámaras dos medios de medio mundo achegados aló para cubrir a candidatura madrileña para os Xogos Olímpicos. Porque aquí a prensa será libre, pero polo visto e libre de dicir voluntariamente o que quere o réximen e omitir aquilo que perxudique a nosa democrática "marca españa". Con esta liberdade de prensa, quen precisa censura?
Redactado por C.R. con información dos medios comerciais, da páxina contra o desafiuzamento de Ofelia Nieto xa enlazada antes e doutros medios contrainformativos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario