Reproducimos esta nota publicada na web da Federación de Grupos da CNA, despois de traducido ao galego:
Pero nin un feito, malia as súas incitacións á acción directa. O demais: falseamentos policiais para quitalos de diante. Estes encóntranche lixivia e din que queres provocar unha nube tóxica de cloro.
Tras isto non hai máis que a firme vontade do inimigo de combaternos con todas as súas ferramentas en canto nos olfactean.
Queremos recomendar o rexeitamento da tecnoloxía tan doada de controlar e o regreso a métodos clásicos, reunións clandestinas e caixas de correo para organizarse e coordinarse. Non se achegar nin a un móbil se non é para tiralo xusto antes de abandonar a cidade... en fin, cousas en que a imaxinación da que sempre fixeron gala @s ácratas supla as dificultades que nos formulan. Procurar fixar os obxectivos comúns e atacalos sen alerta previa...
En fin, confiamos en que sabemos aprender da experiencia; temos un grande acerbo de acertos e poucos erros. Invitamos á propaganda polo feito.
Dende aquí non podemos, pero confiamos en que est@s moz@s contarán coa solidariedade anarquista de tod@s aquel@s que estades "libres".
Veña, saúde e liberdade para tod@s!
DOUS MEMBROS DE COLAPSO (un deles en illamento).
(Nota: A foto corresponde á concentración levada a cabo en Málaga pola liberación d@s compañeir@s o pasado 3 de agosto).
No hay comentarios:
Publicar un comentario