Outro ano máis celebrarase na Furna de Osmo da praia de Corme unha nova edición da "Noite de encantos", o xa mítico concerto estival deste privilexiado lugar da costa da morte. Outra vez máis cos seus beneficios destinados a fins solidarios e antirrepresivos, nel daranse cita os amantes do meigallo feiticeiro de tan sinalada data.
Reproducimos aquí a convocatoria:
Outro ano mais desfrutaremos dunha nova edicion da noite de encantos na furna en corme.
Xa son 14 anos onde a musica e as boas enerxias topanse neste escenario privilexado ke é a Furna do Osmo.
14 anos dunha festa,dunha noite de encantos,mais non dun festival.A furna é muito mais q un festival;é un punto de encontro para as xentes q seguimos crendo q a cultura non é un negocio,
é unha festa na cal gracias o traballo de muita xente anonima facemos posible o soño de crear espazos ceibes nos cales desfrutar dun ocio saludable demostrando q co traballo e esforzo desinteresado o futuro desta festa unica na nosa comarca e en galicia esta asegurado.
Mais dende sempre a furna é un lugar de encontro e desfrute pras xentes de corme e @s visitantes q tiñan a sorte de caer pola furna.
De cantas foliadas ,akelarres,amorios,soños,sorisaas....foron testigosestas pedras k dan forma a furna,nos na actualidade pretendemos de xeito humilde ,mais con muita enerxia, continuar esta tradicion ancestral de vivir nesta praia algunhas das millores noites das nosas vidas.
nesta epoka na que ,se prendes a tv parece ke vivimos nunha monarkia bananera de sobres,corrupcion,estafas bancarias,atentados ecoloxicos;nos reinvidicamos a nosa autonomia pra crear ferramentas q nos fagan desfrutar dunha cultura plena e livre, o marxe de todos estes chupasangues.
Non keremos eskecernos da grande ameaza ecoloxica k supon o megaproxecto mineiro de corcoesto pra nosa terra ,praos n osos rios e pra nosa comarca dende aki berramos
NON AO CIANURO SI A NOITE DE ENCANTOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario