11 jul 2013

Tetas e touros

Colamos, despois de traducido este artigo de opinión asinado por Emilia Laura Arias Domínguez no blogue Pikara Magazine, por considerar que todo canto conta nel é de interés xeral e nada ten de cultural:

Ante a difusión de fotos de San Fermín na que decenas de homes arrancan a roupa e apalpan unha muller, Emi Arias argumenta por que aceptar esas imaxes como unha alegre bacanal lexitima a dominación masculina e o acoso sexista

Unha rapaza sobe aos ombros dun rapaz durante o chupinazo. "Gora San Fermín" e tal. Ata aquí todo máis ou menos normal. Pode que a rapaza quite a camiseta se lle apetece e que faga o mesmo co suxeitador se así lle parece.

É unha estampa cada vez máis habitual nestas festas e, aínda que cada foto é diferente, todas teñen algo en común: decenas de mans de rapaces rompen a roupa da rapaza en cuestión e apalpan absolutamente todo o que desexan sen, por suposto, esperar consentimento pola outra parte.

Non teño nada que dicir sobre elas, que exercen -nalgúns casos, porque noutros lles ispen directamente- o seu dereito a espirse, e iso é estupendo. Poñerse en coiros non é un convite ao baboseo nin significa "barra libre". (Depende da ordenanza municipal correspondente pode darte algún problema pero ese é outro cantar, claro....).

Asumindo e respectando que algunha rapaza goce nesa tesitura e se excite cos tocamentos, é necesario resaltar o perigoso de lexitimar publicamente o acoso cando se trata dun problema non resolto na nosa sociedade.

Eles, na súa orxía interior de kalimotxo, touros e testosterona, non se preguntan se ela desexa ser tocada ou non, nin a acarician para darlle pracer nin para rematar nunha apetecible bacanal grega. Fano simplemente porque cren que poden facelo e porque, me repito como o allo, o acoso está perigosamente lexitimado, e para mostra un botón.

Que nos arranquen a roupa sen permiso ou nos toquen cando nos levantamos a camiseta porque nos apetece responde a un modelo de dominación machista, nun contexto social patriarcal e só perpetúa estereotipos que de tanto criticalos me aburre. É dicir, se hai unha teta, eles vense con dereito a tocar esa teta.

É sexista, simplemente porque ao revés xamais sucedería. Non pasou, e se alguén ten visto que mo conte, que unha turba de mulleres se lance contra o que decide mostrar os seus xenitais en público. E se pasa é a excepción e non a norma nin, como neste caso, a moda. Simplemente non nos sentimos lexitimadas para tocar a unha persoa que se ispe sen consentimento pola outra parte.

Contan sobre o chupinazo que a unha rapaza "literalmente a subiron entre cinco, espírona, arrancándolle as roupas, e tocárona, con pouca opción de decidir nada". De verdade alguén considera que nesa situación temos a opción de decidir ata onde?

Isto non é unha bacanal, é o circo da testosterona.

E entón alguén dirá: "ela está o mar de contenta". Estupendo, pode que ela, se é que tivo opción a negarse tras subir a súa camiseta, queira ser tocada, pero e que sucede cando unha non quere ou quere parar nalgún momento? E por outro lado, nestas fotos, a min non me deixa moi claro que esas mulleres en concreto "se lo pasen pipa". Estiven en partidas de parchís nas que demostrei máis pracer do que expresa a súa linguaxe corporal nesa situación tan "cómoda" e "diver".

O caso é que, unha vez máis, esta festa cargada de testosterona pon as mulleres nunha determinada posición e eles colócanse noutra que, oh! sorpresa!, é a de quen touca fronte a quen é obxetualizada. As fotos difundíronse como "que ben o pasan en Sanfermines" e, curiosamente, nas que saen mozos sen camiseta non hai nin unha soa man pescudando no seu torso. Ah! E que non se me esqueza que despois a chamarán "porca" no autobús de volta á casa por participar nunha suposta festa na que eles poñen as normas unha vez máis.

Esta imaxe, que se nolas damos de "superhapis" e vivimos en "Lollipop World" sería o festorro da liberación, pareceríame estupenda se non vivísemos nunha sociedade machista, se o patriarcado fose só un mal recordo e se ao final dos Sanfermines o saldo de violacións non fose dunha media de 3 mulleres cada ano. Ademais, denúncianse centenares de agresións sexuais e outras tantas nin se denuncian porque se entenden como propias do exceso, do desenfreo... Vamos, o "normal". Esta guai que nos ispamos e toquemos todos, todas e todxs na praza pública pero que non se nos esqueza o contexto, a sociedade na que vivimos e as relacións de poder que imperan. O contexto é que hai mulleres e mozas navarras que están a loitar para previr e actuar contra a violencia sexual moi estendida durante estas festas.

Non é a primeira vez que escoito barbaridades sobre o que pasa na praza durante o chupinazo. Non é casualidade que sexa un espazo tan masculinizado. Por algo moitas redactoras que coñezo se negan a facer directos na praza porque sufriron algunha vez agresións machistas, mesmo diante das cámaras. Curiosamente, tamén lles tocaron as tetas. Que obsesión!

A X arrancáronlle a roupa cando volvía de festa. A rúa estaba chea de xente pero ninguén fixo nada. Tocárona por todas as partes, sobárona sen consentimento e fóronse partíndose de risa. No xuízo só houbo algunha condena mínima por agresión pero ningunha por agresión sexual. (Noticia de 2012, Diario de Navarra)

E adiántome; nin puritana, nin do Opus, nin heteronormativa, nin amor romántico, nin me asusta unha mamila, nin me fai falta un pollazo nin nada. Encántame que me toquen as tetas pero eu decido quen e eu decido cando, como e cantos.

E despois vanse aos encerros que, por certo, serven para levar a animais a unha praza para torturalos ata a morte. Que bonhomía, que valentes, que collóns teñen os que corren. Canto macho. Gora San Fermín.

1 comentario:

  1. Video en youtube sobre istos sucesos do S Fermín 2013:

    http://www.youtube.com/watch?v=OLM6yXQP-G0&feature=youtu.be

    Con esta partcular NOTA de quen colgaron o video, explicando porque tiveran que retirar a opción de comentarios:

    Nos hemos visto obligadxs a quitar la posibilidad de comentar el vídeo. Si lo habíamos permitido era para posibilitar un debate constructivo; viendo que no sabemos hacer uso de la palabra salvo para insultar, faltar el respeto y demostrar nuestra ignorancia y soberbia (por el bien de todxs y por el respeto y los derechos de todxs) hemos decidido suprimir esa opción. Una pena, pero es que estamos como estamos, el vídeo no es una casualidad puntual, es consecuencia de una sociedad determinada. No culpamos, ni creemos en la culpa; pero para construir hay que atrever a mirarse a unx mismx.

    Así mismo, en ningún momento el vídeo quiere perjudicar a Iruña, ciudad en la que he hemos vivido y a la que tenemos aprecio. Precisamente por lo acogedor de la ciudad y sus habitantes, porque conocemos su forma de entender la vida, damos por hecho que ellxs son lxs primerxs en compartir esta crítica, y que pondrán todos los medios para que esta VIOLENCIA DE GÉNERO no se vuelva a repetir. Las mujeres no son objetos, son sujetos de derecho como el resto de la ciudadanía.

    #Noesnormal #Esviolenciadegénero

    Ademais no texto da noticia apontabamos a que grupos de mulleres e mozas navarras que están a loitar para previr e actuar contra a violencia sexual, às que hai que sumar un grupo de homes Euskal Herriko Gizon Sareaque que xa tiraran un artículo denunciando estes feitos no ano anterior, cando unha reporteira de tve que fora obxecto dunha agresión sexista sofrida durante a retransmisión:

    http://guindillasblancas.wordpress.com/2010/07/22/ante-la-agresion-sexista-sufrida-por-una-reportera-en-san-fermines/

    ResponderEliminar