Tal como contamos onte nesta entrada deste mesmo blogue: Ás 13 persoas que ata onte estaban baixo ameaza de sancións por teren participado en mobilizacións a favor do dereito á vivenda e contra os recortes sociais, temos que engadir 4 persoas máis. Este total de 17 persoas -polo de agora- están acusadas de feitos supostamente ocorridos tanto durante a tentativa de desafiuzamento de Aurelia Rey (18 de febreiro) como durante unha concentración diante da sede do Partido Popular (9 de abril); agora vimos de recebir por correo a nota de prensa de STOP Desafiuzamentos A Coruña convocando à Concentración Solidaria con a lenda: Múltannos a nós para asustarte a ti hoxe xoves as 20 horas no Obelisco desta cidade e que colamos para a sua difusión e coñecemento:
Ao abeiro da crise social creada polas entidades bancarias en connivencia ca corrupción política, o goberno municipal do Concello da Coruña e a Subdelegación do Goberno están a amosar como, dende unhas institucións que se supoñen de todas e todos, perséguense as protestas e criminalízanse as demandas da cidadanía ao tempo que non se dubida en seguir apoiando aos bancos i élites político-financieiras que se están a beneficiar do actual drama social.
Às persoas encausadas están acusadas de diferentes faltas, pero fundamentalmente podemos resumilas en 3: dificultar a súa identificación –cuestión totalmente falsa, as persoas indentificáronse, e foi en varios dos casos o feito de pedir tamén identificación a algún dos axentes o que conlevou estas propostas de sanción como represalia-, instigar ás masas a defender o dereito á vivenda –interpretación subrealista que insinúa que as aproximadamente 200 persoas que acudiron a parar o desafiuzamento de Aurelia, ou quenes participan en mobilizacións sociais, carecen de reflexións e posicionamentos propios sobre a actual crise de dereitos humanos e sociais no Estado español- e, en terceiro termo, unha perversa interpretación do que supón a “seguridade” cidadá, xa que, segundo as propostas de sanción, pronunciarse a favor do dereito á vivenda i en contra dos recortes que poñen en risco cuestións esenciais como a vivenda, a saúde ou a educación da cidadanía crea un clima de inseguridade.
É dicir, que o que realmente preocupa aos nosos gobernantes non é que esteamos a vivir un retroceso en dereitos humanos e sociais sen precedentes dende o inicio da democracia, senón que o que verdadeiramente considera como “problema” o goberno do Partido Popular no Concello e na Subdelegación é o feito de que fagamos uso do noso dereito á manifestación e libre expresión para denuncialo e pronunciarnos en contra.
Os colectivos sociais e persoas que loitamos polo benestar da cidadanía estamos a ver con fonda preocupación esta perversa interpretación da realidade que están a impoñer os representantes políticos. Estes, facendo uso do seu poder, non dubidan en tentar silenciarnos a través da actuación de forzas que deixan de ser “de seguridade” para converterse en “represivas” xa que, en lugar de defendernos de bancos estafadores e políticos ladróns, cargan contra a cidadanía con toda a forza do aparato de Estado.
Diante desta manipulación da realidade perfectamente imbricada no que a investigadora social Naomi Klein chama “a Doctrina do Shock” [1], resulta cada vez máis acaído ter presente as palabras do financieiro estadounidense WarrenBuffet -o cuarto home máis rico do mundo e un dos quince máis poderosos segundo Forbes[2]-: “There’s class warfare, all right, but it’s my class, the rich class, that’s making war, and we’re winning.[3]”
Os poderosos protéxense entre eles. É por iso que o Goberno, as persoas elexidas na Coruña ou no Estado para atender as demandas da poboación, estanse centrando abertamente en silenciarnos, reprimirnos e disuadirnos da nosa capacidade crítica, sancionando economicamente a quenes protestamos.
Que cabe agardar dun Concello e unha Subdelegación do Goberno que pertencen a un partido político especialista en estafar diñeiro público? Á vista do ambiente dos xulgados de Madrid, poucas organizacións activas na actualidade teñen tantos delincuentes entre as súas filas como ten o Partido Popular…
Nós non lles temos medo, estamos seguras e seguros dos nosos coñecementos e confiamos nos nosos sentimentos, estamos fortes para dar unha resposta.
O xoves 11, ás 20.00hrs, na praza do Obelisco, concentración conxunta en denuncia da criminalización da solidariedade: Múltannos a nós para asustarte a ti.
Moitas grazas pola vosa atención
[1]The Shock Doctrine: The Rise of Disaster Capitalism (2007). Documental sobre esta obra dispoñíbel en: http://www.youtube.com/watch?v=tr78G300hb8
[2] http://www.forbes.com/profile/warren-buffett/
[3] “Existe unha guerra de clases, dacordo, pero é a miña clase, a clase dos ricos, a que fai a guerra e a que a está gañando.”
Saúdos e boa xornada,
STOP Desafiuzamentos A Coruña.
11 jul 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario