Traducimos e colamos de El Confidencial
Fala nunha despacho dunha ONG madrileña, lonxe dos muros da prisión na que pasou seis anos a pesar da súa enfermidade mental.
A comunidade científica considera unánimante que o ambiente penitenciario non é apto para persoas con patoloxías deste tipo como destaca o estudo que un equipo de médicos elaborou en 2007 para a Unión Europea. A Lei española define "inimputables" aos que por unha alteración psíquica non poden comprender que un feito sexa ilícito ou non e, polo tanto, non se lles pode condenar a prisión. No caso de Manuel, nin sequera se tivo en conta a súa enfermidade durante o xuízo. Esa mesma enfermidade pola que, anos despois, o sacarán do cárcere.
Polo menos o 25% dos internos nos cárceres españois padece unha enfermidade mental, segundo o mesmo Ministerio de Sanidade detalla na "Estratexia Global de actuación en Saúde Mental". Como poñen de manifesto os datos analizados para realizar esta reportaxe, cada ano rexístranse máis de 40 consultas especializadas de psiquiatría cada 100 presos. A análise dos datos oficiais da Administración indica que, de media, o 46% dos ingresos nas enfermarías dos centros penitenciarios están motivados por unha patoloxía psiquiátrica, ao redor de 25.000 casos nos últimos tres anos. Un médico que acuda a un cárcere español ten que atender, nun ano, a máis de 420 casos deste tipo como media.
Institucións Penitenciarias non coñece exactamente cantos enfermos mentais hai nos cárceres, onde se sitúan ou cantos deles foron declarados inimputables. Manuel Arroyo Cobo, subdirector xeral de Coordinación de Sanidade en Institucións Penitenciarias, recoñeceu este feito: "Os datos que temos son estimacións a partir dos estudos epidemolóxicos dispoñibles". Unha carencia que é só un elo máis da cadea de erros e lagoas que, impulsada pola escasa vontade política, condena ao esquecemento e á desatención aos presos con problemas de saúde mental.
"Algo está fallando"
Manuel, que prefire que non se publique o seu nome real, padece esquizofrenia, unha patoloxía que implica unha desorde mental cuxas causas seguen sen esclarecerse e que provoca un vasta gama de alteracións psíquicas e sociais. A Manuel diagnosticáronlla en 1993. No seu segundo ingreso en prisión, a enfermidade mesturouse cun delirio por abstinencia de cocaína e heroína. Levaba tres días de detención, tres días sen meterse. "Fixera dezaoito atracos nun mes. Tiña moito diñeiro, sabes?", explica con voz prácida. No banco dos acusados, ninguén pediu que se realizase un informe pericial que descubrise o seu estado de saúde mental. Condenárono a dez anos de cárcere.
Era o ano 2006. A directora de Institucións Penitenciarias era Mercedes Gallizo. A pesar de que deixase o cargo en 2011, hoxe segue recordándose unha afirmación súa habitual en conferencias e congresos: "Algo está a fallar, cando para moitas persoas o camiño á enfermidade mental ten a súa última etapa no cárcere".
A primeira razón pola que algo falla, encóntrase xustamente nos xulgados: alí é onde a enfermidade pode non ser detectada en persoas como Manuel. "Salvo que a minusvalidez sexa moi evidente, a súa detección encóntrase en mans do propio imputado ou do seu letrado", explica Carlos García Castaño, avogado penalista que atesoura unha longa experiencia na asistencia legal a persoas con problemas de saúde mental.
Os maxistrados non adoitan saber que están a xulgar unha persoa que padece problemas psíquicos. "A gran parte das persoas con trastornos mentais no ámbito penal teñen avogados de oficio, que descoñecen a historia persoal, familiar e social da persoa", indica García Castaño. Resulta dificil admitir que un familiar está enfermo, e aínda menos que un familiar está enfermo e ten problemas coa Xustiza. "A miúdo, o acusado e a súa familia prefiren non poñer de manifesto o seu trastorno mental, pensando que lles poida prexudicar", conclúe o avogado.
Manuel, non obstante, si tiña unha diagnose da súa enfermidade, detectada trece anos antes, cando ingresou en prisión por primeira vez. Ao non ser indentificable á primeira vista, o xuíz do caso preferiu decretar unha condena ao uso. Aínda cando o informe non se extraviase, como foi o caso de Manuel, teríase podido evitar a inclusión dun enfermo mental no medio penitenciario?
O doutor Francisco Orengo é especialista en Psiquiatría Legal. Cando un xuíz o cree necesario, este médico acode a avaliar o acusado para definir a súa capacidade de xuízo. "Faise un informe, onde se contesta á pregunta nai: se unha persoa ten trastorno mental e se ese trastorno puido influenciar a capacidade de discernimento entre o ben e o mal, ou a capacidade de xuízo", explica Orengo.
"O problema é que hai moita xente que non é examinada sendo inimputable", sentencia o doutor Orengo, xa que se o xuíz non detecta indicios, o informe pericial se leva a cabo. Entón, o primeiro filtro para evitar o ingreso de enfermos mentais no cárcere cáese. "A peza clave de que o sistema penitenciario estea cheo de enfermos psiquiátricos é que ese informe pericial non é obrigatorio", apunta. Sería unha cuestión saudable que houbese exames psiquiátricos de rutina, que permitisen facer, groso modo, unha discriminación," asevera Orengo. Da mesma forma que consegue os controis pola SIDA ou a tuberculose, engade este psiquiatra, se melloraría a convivencia entre todos os presos, sans ou non.
Se así fóra, Manuel tería sido recoñecido como inimputable e tería sido condenado só a preservar algunha medida de seguridade e non a ingresar en prisión. O artigo 96.2 do Código Penal prevé ese tipo de medidas para persoas que padecen unha enfermidade mental e teñen problemas coa xustiza. Se as medidas de Seguridade son privativas de liberdade, o acusado é ingresado nun Hospital Psiquiátrico Penitenciario. En toda España existen dous: un en Sevilla, que conta con 371 prazas, e outro en Alicante, onde hai 158 camas.
Como destaca a propia Administración, serven "para o cumprimento de medidas de seguridade impostas por razón de inimputabilidad completa ou incompleta". Non obstante, moitas das medidas de seguridade acaban cumpríndose nunha prisión común. Ademais dos expertos citados, os datos confirman esta hipótese: só en 2011 ingresaron en prisión ao redor de 600 persoas que delinquiron debido a problemas psíquicos recoñecidos e foron condenadas a medidas de seguridade, cifra que aumenta co crecemento da poboación reclusa. "A miúdo o xuíz non ten ningún outro recurso, á parte do cárcere, ao que enviar ao imputado", admite Cobo, subdirector de Sanidade de Institucións Penitenciarias.
Os que ingresan nun Centro Psiquiátrico Penitenciario tampouco encóntranse no sitio apropiado. Así o indica a mesma administración penitenciaria, nun informe que é parte da Estratexia Nacional de Saúde 2009-2013 do Ministerio de Sanidade: considérallos un recurso baseado nun modelo "hoxe xa superado".
Trankimazin para durmir
Manuel entrou nun cárcere da Comunidade de Madrid. Alí estivo ingresado nun módulo xunto a reclusos comúns ata que un día, mentres estaba a xogar unha partida de mus, se puxo moi nervioso. Da nada, dunha situación na que estaba tan tranquilo como cando describe ese momento: Dígolle ao funcionario que me sinto mal, se podo ir a enfermaría. Vou ao médico de garda, explícolle a situación, e contéstame: 'O único que podo facer é picarte para quitarche o colocón' ".
O doutor daba por feito que Manuel se drogara. "Non" consumira "nin medio porro. Discutimos e enleeime con el", explica. Ese mesmo día, ingresou no módulo de illamento por agredir o médico. En 2008, foi trasladado a outra prisión do norte de España. Ao principio foi atendido na enfermaría, onde puido apuntarse á lista que lle facilitaba ser atendido por un psiquiatra. "O doutor viña unha vez cada dous meses, nunca me viu máis que catro ou cinco minutos. Dicíame que non lle dese a chapa, que el tiña moita xente," recorda Manuel. Preguntábache: "non dormes ben? Toma, dous trankimazines", e prescribíalle ese potente ansiolítico.
Neste caso, as consultas psiquiátricas levábanse cabo no mesmo centro penitenciario, pero non é insólita a súa derivación a centros hospitalarios externos. Sumando ambos os dous tipos de actuacións, resulta que cada ano se realizan, de media 423 consultas psiquiátrica por cada un dos 68 centros penitenciarios españois, como se puido comprobar tras unha análise de datos oficiais. As fonte consultadas confirman o escaso tempo do que un psiquiatra dispón para atender aos presos: "é difícil que vaia a un cárcere máis dunha vez ao mes", explica un especialista do sector que prefire permanecer anónimo.
A consecuencia é que as consultas están abarrotadas, as visitas son rápidas e os presos están practicamente desatendidos. A medicación que recibiu Manuel empeorou a súa situación, levándoo a un estado de depresión profunda. No mesmo prospecto do Trankimazin, o medicamento que se lle subministraba e que comercializa o xigante farmacéutico Pfizer, pode lerse que o seu uso se desaconsella cun trastorno dese tipo.
Foi entón cando Manuel se autolesionou por primeira vez. Cortouse as veas na súa cela. Foi ingresado a tempo no hospital máis próximo. "Quedeime hospitalizado durante tres meses e volvín cun informe que aconsellaba o meu ingreso no módulo de enfermaría", sinala. Entón entrou no Programa de Prevención de Suicidios, plan co que a Administración penitenciaria conseguiu reducir o número de suicidios nos cárceres españois, segundo indican os datos do Informe de Mortalidade en Institucións Penitenciarias para o ano 2010.
Manuel recorda "o luxo" da á psiquiátrica con respecto ás celas comúns, se ben sinala que alí " os funcionarios te berran todo o día, acúsante de finxir estar mal só para ir alí". Tras unha rifa cun funcionario de prisións que traballaba na enfermaría coñecido entre os internos como "Pelopincho", chegou o seu segundo intento de suicidio. "Fun diante del e corteime as veas", relata o entrevistado.
Despois de varios traslados a un hospital público, a situación de Manuel mellorou lentamente: o psiquiatra deu co medicamento máis axeitado para el. E ao centro penitenciario ditaminou un novo diagnóstico: Esquizofrenia.
Vontade Política
Este tipo de asistencia especializada, en colaboración coa Sanidade Pública autonómica, desenvólvese de forma desigual nas diferentes comunidades autónomas. Non obstante, non tería que ser así: a lei 27/2003, do 28 de maio, na súa disposición adicional sexta establece que a Consellaría de Sanidade de cada Comunidade asumiría o control da Sanidade Penitenciaria Especializada, evitando que se trate o enfermo dentro do cárcere. A transferencia desta competencia, segundo a lei, tería tido que producirse nun prazo de 18 meses.
Trátase dunha disposición que "trata de maximizar as consecuencias curativas sen renunciar a outros obxectivos do sistema xurídico para evitar a impunidade ou o paternalismo", explica Ángel Luis Ortiz, xuíz de vixilancia penitenciaria no Xulgado número 1 de Madrid. Indica que "un dos seus obxectivos é facilitar a adhesión ao tratamento, a través de mensaxes claras e convenientemente explicadas,". Pero, coa excepción de País Vasco e Cataluña, a Lei non se aplica no resto de España. E elimina un terceiro filtro para evitar o desamparo dos enfermos mentais no medio penitenciario.
Manuel Arroyo Cobo, subdirector xeral de Coordinación de Sanidade en Institucións Penitenciarias, asegura ao xornalista que "a transferencia non pode acontecer se non hai vontade política para levala a cabo". Cobo explica o que achegaría a aplicación da Lei: "Ningunha das administracións por se soa ten os recursos para seguir os enfermos psiquiátricos: é necesaria a coordinación para que se poñan todos os recursos posibles a disposición dun xuíz que condena a un enfermo".
A última vez que o Congreso dos Deputados abordou o tema foi en maio de 2009, cando Esquerda Unida preguntou por escrito ao Goberno de Rodríguez Zapatero detalles sobre a aplicación da disposición sexta. Na resposta, destaca que "a maioría de Comunidades" non "se manifestaran formalmente sobre o estado da transferencia".
Mentres se escribe esta reportaxe, IU-CV permanece pendente dunha resposta sobre o mesmo asunto, formulado agora ao Executivo de Mariano Rajoy, catro anos despois de que se tratase por última vez no ámbito estatal.
En 2009, Manuel xa fora cambiado de prisión dúas veces. Á volta do hospital, diagnóstico en man, ingresou no Programa para a Atención Integral a Enfermos Mentais, coñecido como programa PAIEM. Deseñado en 2007 para "a detección, o diagnóstico e o tratamento dos internos que sufran algún tipo de trastorno mental", o Programa está pendente dunha avaliación. En 2012, segundo os datos que a Subdirección Xeral de Sanidade facilitou para esta investigación por correo electrónico, 1769 internos foron incluídos no PAIEM.
A Fundación Manancial púxose en contacto con Manuel cando asistía ao PAIEM. "Dona Carmen", como o ex preso recorda con cariño a directora do centro penitenciario, concedeulle o terceiro grao por enfermidade mental tras a asistencia da Fundación. Agora, fóra do cárcere, busca traballo nun centro de reinserción laboral.
Á espera da aprobación da Reforma do Código Penal, aínda en fase de anteproxecto, os expertos consultados esperan que os datos e as avaliacións do PAIEM, implantado xa hai catro anos, poidan esclarecer esta realidade esquecida. "Se xa é un problema estar preso" -explica Manuel-, "imaxínate estar preso cunha enfermidade mental; sen que ninguén cha recoñeza".
*Este artigo foi elaborado por Daniele Grasso, Eva Constantaras e Marcos García Rey.
No hay comentarios:
Publicar un comentario