Colamos do Diario Dixital da Costa da Morte "Que pasa na Costa" onde fan un seguimento das diferentes e mesmo, nalgún caso, contradictorias reaccións, así dan pulo à resposta de Colectivos anti-mina no que concordan en considerar "un paripé" o anuncio e anuncian que "seguirán en pé" e o do Colectivo si à mina que considera o anuncio como benvido porque por fin a Xunta fai algo e o como paradoxo o posicionamento do BNG lanzando campás de que a paralización é un trunfo do pobo (como gostan os partidistas de arrima-la ascua á súa sardiña !!), cando todo indica que a Xunta segue aspirando a facer de Galiza unha Mina e de Corcoesto un xogo de tira e afroxa con a multinacional canadiana para que esta garante a sua parte de beneficio económico e a ruína e as enfermidades para as moradoras da Costa da Morte e mesmo de boa parte da poboación galega, dado que segundo estudios especializados nunha mina como a que se pretende en Corcoesto corren o risco de enfermar por arsénico unhas 100.000 persoas, e está demostrado científicamente que unha porcentaxe desa xentiña vai enfermar si ou si. Estamos falando pois de un delito contra a saúde pública.
Conmoción trouxo o anuncio da Xunta de paralizar temporalmente o proxecto mineiro de Corcoesto. E o comprobamos tamén recollendo as diferentes reaccións que nos chegan de 6 entidades diferentes: ADEGA, a Plataforma en Defensa de Corcoesto, a Plataforma Contraminacción a Asociación Veciñal Corcoesto Si, Mina Si; e o grupo do BNG; e mais unha aclaración da Xunta de Galicia.
As tres primeiras, entidades contrarias ao proxecto, consideran a parálise un “paripe” da Xunta e esixen a “anulación da DIA e a paralización definitiva do proxecto”. Pola súa banda, Corcoesto Si valora positivamente o comunicado celebrando que por fin a Xunta se manifestase. E mentres, a Xunta volve explicar o por que da parálise, incidindo en que “multiplican por 60 as esixencias de fondos propios da empresa”, volvendo cos argumentos económicos e deixando de novo de lado os medioambientais e sociais. E o grupo do BNG que valora a nova como “un triunfo da rúa”
Imos repasando as notas de cada entidade:
Explicacións da Xunta
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que para garantir a viabilidade financeira da explotación mineira de Corcoesto a Xunta “está multiplicando por 60 as esixencias de fondos propios presentados pola empresa para levar a cabo o proxecto”, que deberán alcanzar o 25% do investimento previsto.
Recoñeceu Conde que “analizando polo miúdo todo o proxecto, identificamos claramente que tal e como está presentado agora mesmo non cumpre as garantías mínimas tanto desde o punto de vista da viabilidade financeira como desde o punto de vista da viabilidade técnica”.
Só ao final do comunicado a Xunta sinala que “a decisión de non autorizar o proxecto responde á posición do Goberno galego de garantir a máxima seguridade e as máximas condicións ambientais” nas actividades extractivas, apostando por “unha minería responsable e garantista”. Ao tempo que reitera que “o Goberno galego non mudou a súa posición con respecto á minería”.
ADEGA, Contraminacción e a Plataforma en Defensa de Corcoesto esixen a anulación da DIA
Tres dos colectivos máis activos na loita social contra este proxecto pola súa agresividade co medio ambiente coinciden en que esta é só a primeira batalla.
ADEGA, por exemplo, considera a parálise un “paripé da Xunta en Corcoesto” e critica que “pida garantías económicas e técnicas mais dos impactos nin chío“, sinalando que “en realidade, só lle pedíu a Edgewater que puxera máis cartos e apresentara máis papeis”. Exixen a anulación definitiva da polémica Declaración de Impacto Ambiental DIA. Denuncia ademais que “o Plan Sectorial de Actividades Extractivas “PSAEG” segue en marcha, con máis “Corcoestos” dentro”.
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños tamén esixe a nulidade dao DIA, pois considera que “o proxecto de Edgewater incumpre os requisitos ambientais e técnicos”, como indica a Xunta na súa nota. O que si valoran é que “esta declaración institucional vén dar a razón ás nosas denuncias de falta de rigor dos informes presentados dentro do proxecto” e esperan que “a nota non quede en papel mollado” anunciando que “Plataforma seguirá na súa loita contra este proxecto destrutivo en tanto non se produza a súa paralización definitiva e oficial”.
A que tamén responde é a plataforma ContraMINAccion, que igualmente “esixe a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental” solicutando “a retirada do proxecto mineiro” de Corcoesto.
“Corcoesto Si” amósase satisfeita coa nota da Xunta
Sorprende a reacción da Asociación vecinal Corcoesto Si, Mina Si, que apunta:
- “Celebramos que a Xunta de Galicia por fin se manifestase respecto diso e poña en claro cales serán as esixencias técnicas e económicas que Mineira de Corcoesto deberá cumprir para que o proxecto poida ser aprobado definitivamente”.
- “Esta asociación sempre defendeu, e defende, que a mina deberá ser aberta coas máximas garantías e cumprindo o marco regulatorio óptimo”.
- “Baixo o noso punto de vista a Xunta de Galicia, co silencio que mantivo ata o momento, alentou e fomentado dúbidas técnicas e legais achega do proxecto, permitindo que se estendese unha crispación social e unha incerteza innecesaria por carecer de sustento científico”.
- “O comunicado emitido onte pola Xunta acaba por fin coa situación na que nos atopabamos ata agora, xa que, habendo definido as condicións que se esixirán para a aprobación do proxecto, poderase avanzar e a empresa estará en condicións de presentar cantos requerimientos fóronlle solicitados”.
- “Corcoesto Si, Mina Si espera que os trámites avancen agora con maior premura e pódese contar cunha aprobación definitiva canto antes, mentres esta asociación seguirá traballando para que así sexa.”
O BNG: “Un triunfo da rúa”
Pola súa parte, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, considera que “o cambio de posición da Xunta sobre o proxecto da mina de Corcoesto, que agora decide frear, é un claro triunfo das movilizacións populares na rúa”.
Vence subliña que “o Goberno de Feijoó vese obrigado a recuar porque a sociedade galega, as organizacións políticas, ecoloxistas, viciñais e outras moitas entidades, sairon masivamente á rúa para paralizar un proxecto que supuña unha auténtica desfeita medioambiental, social e incluso sanitaria para o concello de Cabana e a comarca de Bergantiños. Foi un éxito da rúa, sen lugar a dúbidas”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Paralizado o fín (ollo!.. Momentaneamente coma ben se explica) o proxecto da mineria en Corcoesto, feito que supón sen dúbida unha boa nova...
ResponderEliminarAgora xs que queremos unha terra san de xeito integral, deberiamos de iniciar unha campaña en contra do que queda , que non e outra cousa ca saturació desa terrra a base de pesticidas, fertilizantes, herbizidas e unha larga lista de quimicos que tamen envenenan a terra de forma xeneralizada, simpremente por salvagardar unha producio insan na procura dun lucro economico por parte de gran parte desxs “loitadorxs” da contramina.
Todxs escoitamos charlas, leimos manifestos o largo deste tempo dos “abandeirados” da contramineria representados entre outrxs por sindicatos labregos, cooperativas agricolas e gandeiras, membros da concentracion parcelaria, alghun ca outro partido politico “arrimando ascuas” e grupos de veciños, denunciando o que suporia o veneno do cianuro ou do arsenico pras suas explotacions mais ou menos intensivas , é que esta era unha loita de todxs en conxunto pola defensa da terra...Ben!!...A miña pregunta( certamente retorica) e clara!
¿Deixaran agora estxs supostxs “loitadorxs” de envenenar con miles de toneladas esas mesmas terras como levan decadas facendo cos seus productos quimicos agricolas?
Temome que non, e esa tamen e loita.A loita en contra da hipocresia.
Outra pregunta... ¿seguiremos xs Anarquistas colaborando na paralizacion do “mal maior”, sen dar un paso mais adiante e atacando tamen o “mal menor”?.
Agora non temo, Agora , Espero que non.
Da un pouco o mesmo o nome do veneno que envenena, o resultado final e que mais tarde ou mais cedo acabate matando. Polo tanto pola miña parte, nada que cerebrar,se nada e integral.
Saude!!!