Recollemos e traducimos de Plazademayo.com
Finalmente, venceron. Elxs, xs de Famatina. Xs habitantes dunha pequena vila de sete mil persoas, que construíron unha asemblea, que cortaron unha ruta, que se opuxeron aos poderes. Xs que dixeron "non". Finalmente, o gobernador Luis Beder Herrera asinou o decreto 874 que rescinde o contrato entre a provincia e a Osisko Mining Company, unha empresa canadiana que quería instalar un proxecto de megaminaría a ceo aberto na rexión. A oposición frontal do pobo venceu a posibilidade empresaria da depredación do medio, da usurpación estranxeira dos recursos naturais, da entrega. Logo dun ano e medio de loita, Famatina venceu.
"Estamos moi felices -di Carina Díaz Moreno, unha das membros da asemblea popular de Famatina-. De todos os xeitos, somos desconfiadxs deste goberno e seguiremos mantendo o corte no Alto Carrizal, onde empeza o camiño que leva ao cordón montañoso do Famatina".
O corte ao que a asembleísta se refire é o método decidido polo pobo que impediu, dese xeito, o paso dos representantes da empresa Osisko Mining Company, que tiñan a intención de voar gran parte das montañas para extraer, con métodos contaminantes, o ouro desperdigado nelas.
"A continuidade e persistencia dos devanditos acontecementos de confrontación, imposibilitaron ata a data dar inicio ás actividades programadas xerando graves consecuencias de orde económica e social á provincia", sinala o decreto asinado polo gobernador Beder Herrera, que é tanto kirchnerista coma menemista. A presidenta Cristina Fernández é unha firme impulsora da megaminaría a ceo aberto como forma de impulsar o desenvolvemento -fallido- da nación.
"Todo isto pasou logo da represión que sufrimos en maio, cando unha patota nos atacou por manifestarnos contra Beder Herrera; logo de que a esposa dun policía fóra trasladado da nosa vila por apoiar a loita antimineira; despois dun ano e medio de corte para impedir o paso da mineira", explica Carina Díaz Moreno
-Por que van manter o corte, malia o anuncio do decreto?
-Non lle creemos nada a Beder Herrera. Cando era vicegobernador impulsou e aprobou unha lei contra a megaminaría na provincia, que derrogou nin ben chegou ao poder. Hoxe intenta que se instale a megaminaría a ceo aberto noutras rexións da provincia, xa que nesta vila nos opuxemos. Nós esiximos unha lei provincial de prohibición de explotación megamineira en toda a provincia. Queremos que renuncie a deputada Adriana Lima, que traizoou a Famatina e impulsou esta actividade malia a oposición de todos nós. E queremos que volvan a Famatina os recursos que lle foron quitados ao pobo como forma de represalia por parte do gobernador. Á vez, somos ao redor de cincuenta cidadáns de Famatina procesadxs pola xustiza por loitar. Queremos que nos quiten esas causas. E por todo isto aínda non imos abandonar o corte.
Fontes da intendencia de Famatina, cuxo xefe se pregou á loita da cidade, confirmaron a derrogación do convenio coa Osisko Mining Company.
Famatina xa expulsara a Barrick Gold, aquela empresa instalada en San Juan, que conta co apoio da presidenta Cristina Fernández. Hoxe confírmase que acabou cos intereses doutra megamineira, a Osisko Mining Company. É unha pequena vila perdida na cordilleira. Os seus habitantes deberían ser considerados como un orgullo da nación.
Unha nova victoria à que hai que sumar a conseguido na vila de esquel polo povo em luita, tal como xa contaramos en abordaxe en maio deste mesmo ano (acá)
No hay comentarios:
Publicar un comentario