4 jul 2013

Anarquismo en Exipto - Unha entrevista dende a praza Tahrir x Joshua Stephens

Traducido e recollido de AlasBarricadas en castelán (orixinal en inglés na web de EEUU WagingNonViolence).

A comezos deste ano coñecín a Hassan Aazab mentres tomaba té nunha mesa xunto a mozos anarquistas no centro de Cairo. Recén pasaba o aniversario da revolución xunto a protestas masivas e o xurdimento dun "Black Bloc" ao estilo occidental que pouco parecía ter que ver cos anarquistas da cidade. Durante ese período a maior parte dos movementos de base eran en contra da violencia sexual - en particular os asaltos sexuais de turbas as cales se tornaran en sinónimo de calquera gran concentración de persoas en Tahrir. O trauma de tal acción en contra dos protestantes fíxose aparente na nosa conversación. De feito, Aazab díxome que estaba farto das protestas e a política, e que se resignaba ao a disfuncionalidade do día a día en Exipto. Logo veu o 30 de xuño. Multitudes de alegadamente ata 33 millóns tomaron as rúas reclamando a renuncia ao poder da Irmandade Musulmá, un ano logo do cal Morsi tomase posesión. Nos momentos antes da madrugada do 1 de xullo, e mentres a batería do seu celular minguaba continuamente, reconectei con el para falar un pouco sobre o seu regreso á resistencia.

- Cal é sentir en Cairo agora mesmo? Aquí estamos a ver noticias sobre as protestas máis grandes na historia da humanidade.

- Hoxe traballamos moi forte para levar a cabo estas protestas sen violencia. Todo o mundo teme a que se desate unha guerra civil. Os protestantes déronlle a Morsi 48 horas para renunciar. De pasarse do límite haberá unha folga xeral. Nas últimas horas 10 persoas morreron - catro en Assiat e seis fronte ás oficinas centrais da Irmandade Musulmá. O sol está a saír agora mesmo. Todos os vellos revolucionarios están a prepararse para os enfrontamentos nas rúas.

- Escoitei que as oficinas centrais da Irmandade Musulmá teñen sido queimadas. É certo?

Si e segue cercado por protestantes agora mesmo.

- Quen chamou á Folga Xeral? Hai algunha unión particular envolvida?

Non. As unións son totalmente inefectivas.

- Como se organizou a folga?

Tamarod [o Movemento Rebelde] chamou á folga xeral. De feito, non se organizou de antemán; desenvolveuse espontaneamente. Funcionará a través das esperanzas e o apoio da xente.

- Cres que a xente o siga?

O porto Said comezará a folga xeral mañá. Máis alá diso, non teño idea se a xente o seguirá. Pero é claro que a xente está determinada en sacar a Morsi.

- Cando nos encontramos en Febreiro parecías estar bastante enfastiado, coma se tiveses perdido a fe na resistencia.

Aínda me sinto así, máis ou menos. Pero cando a xente en números xigantes enchen as prazas, ese sentimento disólvese. Estou incriblemente feliz.

- Como se están a organizar os anarquistas dentro deste momento particular? Teño o presentimento que algúns de vostedes están envolvidos no Tamarod pero, están xogando algún rol en particular?

Non, os anarquistas non asinaron a declaración de Tamarod. Decidimos unirnos ás protestas pois era obvio que o movemento conectaba millóns de exipcios. Onte os protestantes estaban en contra da idea dun ditador islamita pero, ao mesmo tempo, moitos deles están ben cun ditador civil ou militar. Ao carallo calquera ditador! Nunca esqueceremos. Nunca perdoaremos.


- Agora mesmo teñen unha caseta os anarquistas en Tahrir?

Si. De feito, temos catro casetas.

- Están a facer algo particular con estes espazos?

Agora mesmo estamos a traballar para asegurarnos que os que apoian o antigo réxime non esmaguen a ocupación.

- Están a paralos fisicamente? Hai felool [persoas nostálxicas co antigo réxime] na praza?

Moitos deles.

- Están a atacar os protestantes ou só tratando de infiltrar o movemento?

Están a tratar de convencer a xente para que deixen o SCAF [Consello Militar Exipcio] tomar o poder novamente.

- Ao momento hai revolvidas pasando en Turquía, Brasil, Bulgaria e Chile. Hai indicios de que se está a expandir cara a Indonesia e Paraguai tamén, e por suposto está a loita continua de Bahrein. Exipto foi unha grande inspiración para moitos destes movementos. Cando sacaron a Mubarak xa Túnez acontecera pero non moito máis. Sénteno diferente esta vez? Séntense parte de algo global?

É diferente por suposto. Agora, o medo provén da posibilidade dunha guerra civil. Mubarak era merda pero nunca xogou coa carta dunha guerra civil. Morsi é tan estúpido que non se decata que poderiamos rematar matándonos os uns aos outros nas rúas. Están a pasar cousas que nunca aconteceran como, por exemplo, persoas atacando e insultando xente con barba nas rúas.

Sinto que a xeración nova de arredor do mundo é poderosamente revolucionaria e agora temos a habilidade de compartir ferramentas e transmitir ideas.

- De que tes esperanzas agora mesmo?

Espero que as persoas aprendesen do que fixo a Irmandade e espero que sexa o comezo do fin para o Islam político e calquera tipo de partido relixioso.

- Como poden as persoas acá [Estados Unidos] apoialos a todos vostedes?

Regando a palabra de que Obama e o goberno estadounidense están a apoiar activamente a formación de Estados relixiosos no medio oriente. O embaixador dos Estados Unidos dixo que os exipcios deberían aprender o significado de democracia. Quen carallos é el para dicir iso?

Joshua Stephens é un membro da xunta do Instituto de Estudos Anarquistas e estivo activo en movementos anticapitalistas e de solidariedade internacional a través das últimas décadas. Pasou gran parte dos últimos dous anos cubrindo movementos sociais dende Nova York ata Atenas, Cairo, Palestina e México para Truthout, AlterNet, NOW Lebanon, Jadalyya, entre outros. É o autor de Self and Determination: An Inward Look at Collective Liberation (2003, Ak Press).

No hay comentarios:

Publicar un comentario