4 jul 2013

[México] Traballo policial na prensa contra anarquistas

Xa temos falado neste blogue dos intereses policiais en criminalizar o anarquismo a través da prensa, para elo servense dos mass medias, que dende ha ben anos perderon aquela sua faceta de azote e vixiancia dos poderes para ser meros instrumentos destes na sua laboura de criminalizar a disidencia e, unha vez feito, poder actuar para reprimir e mesmo encarcerar con o respaldo social das suas elabouradas mentiras.

Agora e através dos compas de Viva la Anarquía (aquí e acá) vimos de saber que a mesma táctica que se usa no Estado espanhol, Italia, Grecia ou Chile é também aplicado, como non, en México:

Así dan conta dun PDF con o titular: "Detectan Policías 35 blogs anarquistas.- Promoven na web dende o antagonismo à nanotecnoloxía ata ir contra o poder" e onde a prensa mexicana, sinala contra os anarquistas para criminalizar e onde pode-se ler un traballo para-policial ao servizo da represión.

E poucos días depois acusan recibo doutros enlaces con a intención de difundir o movimento represivo que fan as forzas que se confabulan para manter o réximen autoritario a nivel mundial, e que recollen frases calcadas às que se usan acá para criminalizar o anarquismo: "xa se ten identificado o modo de operar distos grupos: infiltrarse en movimentos estudiantis, sindicais e sociais para xerar actos de violencia" (ver noticias en abordaxe sobre este tema no estado espanhol e mais sobre o "triángulo anarquista" [1],[2]e [3]) e que se presentan con estes chamativos titulares: "Anarquistas van pola desestabilización" e o máis recén de 1 de xullo "Aplican operativo por marcha de anarquistas"

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario