5 jun. 2013

[Lugo] Venres 7 às 18:00' Charla "Fracking Non" e depois Ceador Vegano no Ateneo Libertario "A Engranaxe"

Ao igual que noutras entradas deste blogue onde dabamos conta desta charla informativa durante esta semana na Galiza, tambén estará en Lugo un compa da Asamblea contra o Fracking de Burgos para falar sobre a Fractura Hidráulica, e os proxectos na Cornisa Cantábrica:

A fractura hidráulica ou "Fracking" consiste en usar toneladas de auga con area e productos químicos, a alta presión, dirixida cara abaixo da terra e a través de pozos perforados horizontalmente a máis de 2000 m de profundidade. A mistura presurizada fai que a capa da pizarra se fracture. Estas fisuras mantéñense abertas con area para que o gas de pizarra poida fluir hacia o pozo. As consecuencias da fractura hidráulica son nefastas para o medio ambiente e para as habitantes do territorio.

Podedes leer as máis sinificativas na entrada deste blogue onde damos conta desta mesma charla hoxe mércores 5 en Ourense (ver acá). Ademais sinalar que en Compostela contaremos con o compa dentro das Xornadas Antidesenvolvistas este xoves 6 (ver acolá)

Mais información no seu blogue e no dos seus compas de Cantabria

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada