Recollemos da web "QuePasaNaCosta" esta noticia que colamos para axudar a defundir os manexos e triquiñuelas desta empresa que semella contar con os parabens da Xunta do PP para facer e desfacer ao seu antollo.
Algo así é o que conta de maneira retranqueira Serafín González da SGHN nesta entrevista de hai só uns días cando en resposta à pregunta: Por que cre que hai tanto apoio político ao proxecto? di: "A primeira é que a Xunta de Galicia, nesta época de crise económica e forte desemprego, caera atrapada polos cantos de serea das inversións e os postos de traballo prometidos pola empresa, ata o ponto de esquecer os muitho máis numerosos empregos (agricultura, gandería, pesca, marisqueo, turismo) que a mina poñería en perigo. A segunda é que a Xunta de Galicia teña motivos para defender a mina que os demáis non coñezamos; se ese fose o caso, debería expoñe-los públicamente para convencer-nos de que o seu apoio é acertado".
Colamos, pois a noticia de referencia:
Denuncian sondeos ilegais da empresa mineira
Volven a asociación de Corcoesto Petón do Lobo e mais a Plataforma en Defensa de Corcoesto e a Asociación de Veciños de Cereo denunciar o que entenden como prácticas ilegais da empresa Mineira de Corcoesto SL. Ambas entidades presentaron as súas denuncias considerando que a empresa está a realizar sondeos ilegais, levados a cabo “fóra das cuadrículas mineiras que configuran o Permiso de Investigación que teñen concedido á día de hoxe”.
Dende o Petón do Lobo aseguran que a empresa está realizando sondeos en puntos que están no Permiso de Investigación Julia 2, aínda en tramitación, e Julia 3, tamén en tramitación. Por iso, solicita á Sección de Minas da Delegación Territorial de A Coruña que “se proceda á sanción inmediata da empresa Mineira de Corcoesto, e á paralización inmediata dos devanditos sondeos, xa que logo, non están amparados por ningunha autorización administrativa, e por tanto non cumpren cos requerimientos ambientais exixidos, alterando a capa freática e poñendo en perigo os acuíferos e manancias existentes, ao non existir ningún control da Administración ao respecto”. Ademais, non descarta a vía xudicial de seguir con estas prospeccións e sondaxes.
Ademais, a entidade volveu entregar informes á Consellería de Medio Ambiente denunciando a eliminación do río Lourido, e non o seu desvío como sinala a empresa. Unha visión criticada dende os pro-mina, pero segundo Ismael Antonio López Pérez, presidente do Petón do Lobo, “tan só se desvía o río Rego de Fonte Cardeira, e se fan desaparecer outros dous regos que nutren o val fluvial de Lourido. Así o río Lourido, que nace máis abaixo, na confluencia das dúas vaguadas conformando un val, queda atrapado pola balsa de floración e a escombreira”, polo que piden a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental.
Máis denuncias veciñais
Paralelamente, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e a Asociación de Veciños de Cereo presentaronn alegacións semellantes ao permiso de investigación Julia 2. As alegacións foron asinadas por máis de 2.200 persoas afectadas, e piden que Corcoesto, Cereo e Valenza sexan declarados como áreas de especial protección no Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia.
Ademais, solicitan a anulación da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto mineiro de Corcoesto polas pretensións de Edgewater de tratar o mineral procedente doutras concesións mineiras na planta de Corcoesto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario