17 jun 2013

A "Defensoría del Pueblo" admite a trámite queixa de EsCULcA sobre o caso de José Antonio Vilasó Pardavila

Días atrás informaramos da presentación desta queixa ao respeito da folga de fame que comenzara o compa no cárcere de Mansilla de las Mulas para protestar polas duras condicións de illamento a que está sendo sometido a pesar de padecer SIDA e cancro linfático en estado moi avanzado e que o obriga a seguir un tratamento de quimioterapia (aquí), agora damos conta nesta nova entrada da admisión a trámite de dita queixa, segundo información da propia EsCULcA (acá) da que recollemos o seguinte:

Con data de saída 11/06/2013, Concepció Ferrer i Casais, Adjunta Segunda del Defensor del Pueblo, notificou a EsCULcA a admisión a trámite da queixa presentada ese mesmo día en relación con o inxustificábel réxime punitivo aplicado a D. José Antonio Vilasó Pardavila, interno no C.P. De Masilla de las Mulas (León) que padece doenzas graves, ademais notifica asi mesmo o inicio de actuacións conducentes ao esclarecemento dos graves feitos denunciados.

Vilasó Pardavila, como xa comentamos neste blogue de Abordaxe (aquí) decidira comezar a sua folga de fame en protesta por ter sido confinado en soidade na propia enfermaria na que recibe tratamento debido ao cancro linfático que padece e por se lle ter limitado seriamente as comunicacións e as horas de patio en castigo por ter dado dous bicos a unha persoa coñecida coa que se encontrou no recinto penitenciario.

Veremos en que fica isto (seguiremos informando)

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario