7 may. 2013

Un nuevo artículo científico corrobora la contaminación por arsénico en el Anllóns debida a la antigua mina de oro de Corcoesto

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) ven de publicar na sua web que un recente artigo científico de Devesa-Rey e colabouradores do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago afirman que (tradución literal do texto en cursiva, o único cambio feito por SGHN é o emprego de negriña para salientar algunhas frases):

- "Nos arredores dos sitios de mostraxe 10 e 11, existen vastos filóns de cuarzo-arsenopirita que conteñen ouro e que foron explotados no pasado. A deposición de materiais metalíferos augas abaixo desta área podería ser a causa das elevadas concentracións de arsénico observadas neses sitios". (páx. 375) (Nota: os sitios de mostraxe 10 e 11 sitúanse augas abaixo de Corcoesto).

- "Malia que a ocurrencia de arsénico na bacía do Anllóns está a asociada aos filóns de arsenopiritas, a súa acumulación nos sedimentos fluviais pode considerarse unha consecuencia directa das actividades mineiras e, polo tanto, asignada a orixe antropoxénica. A súa toxicidade para as poboacións bentónicas e o elevado contido de arsénico mobilizable de acordo co test de oxalato permiten considerar a este elemento como de elevada preocupación ambiental." (páx. 385).

- "O elevado enriquecemento en arsénico, elevada extractabilidade con oxalato e toxicidade potencial para os organismos bentónicos salienta a necesidade dun cuidadoso seguemento ambiental dos sitios afectados". (páx. 385)

Esta publicación ven a engadirse á de Costas e colaboradores, sobre os riscos sanitarios e ambientais dos elevados niveis de arsénico na bacía do río Anllóns, e á de Macías Vázquez e Calvo de Anta sobre os niveis xenéricos de referencia do arsénico para garantir a protección da saúde humana e dos ecosistemas

BIBLIOGRAFÍA CITADA

- Macías Vázquez, F., Calvo de Anta, R. (2009). Niveles genéricos de referencia de metales pesados y otros elementos traza en suelos de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia).

- Devesa-Rey, R., Díaz-Fierros, F., Barral, M.T. (2011). Assessment of enrichment factors and grain size influence on the metal distribution in riverbed sediments (Anllóns River, NW Spain). Environmental Monitoring and Assessment 179, 371–388.

- Costas, M., Prego, R., Filgueiras, A.V., Bendicho, C. (2011). Land–ocean contributions of arsenic through a river–estuary–ria system (SW Europe) under the influence of arsenopyrite deposits in the fluvial basin. Science of the Total Environment 412-413, 304-314.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada