19 mar. 2013

SOLIDARIEDADE URXENTE con NOELIA.- Envío de faxes e chamadas esta semana para presionar polo seu traslado a Galiza

Recebemos da AFAPP Galiza (Asociación de Falimiares e Amigxs das Persoas Presas) este pedido de publicaión para que todas fagamos un mínimo esforzo e consigamos que Noelia Cotelo poida, canto menos, ser transladada perto da sua família e amizades ( algo que figura na lei e que se incumpre reiteradamente). Querémola na Galiza XA!!!

Contan da AFAPP que próximamente celebrarase no cárcere de Brieva (Ávila) por parte da Xunta de Tratamento a revisión que determinará si Noelia Cotelo pode ser trasladada a un cárcere galego.

Durante esta semana desde xa hoxe Martes 19 ata o Venres 22 chamaremos e enviaremos fax (ver e/ou desacargar modelo en pdf) de forma continuada ao CP de Brieva e SGIP (Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias), expresando a nosa preocupación e desexo que Noelia sexa trasladada a Galiza.

Noelia solicitou o traslado os días 27 e 28 de febreiro, é importante que agora fagamos presión para traela de volta a Galiza, mostrando todo o noso apoio á nosa veciña, amiga e compañeira que leva 5 anos sufrindo a lonxanía, o illamento e innumerables castigos e agresións pola súa actitude rebelde e insumisa.

Solicitamos a solidariedade das persoas e asociacións preocupadas pola defensa dos dereitos humanos das persoas presas, consideramos importante chamar e expresar a nosa preocupación polo trato que está a recibir Noe, solicitando que se lle traslade a Galiza como ela solicitou onde poida comezar un proceso de socialización rodeada de xente que a queira e axude.

¿Si os cárceres non reintegran senón dispersan, Si os cárceres non axudan senón
destrúen, a quen benefician?

Solidariedade con Noelia e tódalas persoas presas.

STOP Dispersión, STOP Illamento, STOP Torturas.


Teléfono CP Brieva, Ávila: 920 259023
Fax CP Brieva 920 259034

Teléfono SGIP: 91 3354700
Fax DGIP: 91 3354052

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada