6 mar 2013

Salhaketa denuncia a morte dun preso En Zaballa


Puidemos saber atraves de tokata que o pasado 4 de Marzo, a dúas semanas vista da presentación do informe que Salhaketa elabora para mostrar as condicións de encarceramento que viven as persoas presas na macro-cárcere alavesa de Zaballa, produciuse a terceira morte no último ano no citado penal.
A continuación vos vai reproducido o comunicado.

Ao parecer no reconto da mañá do luns, un preso gasteiztarra que responde ás iniciais NGF, apareceu morto na súa cela do módulo 4 sen que polo momento as autoridades penitenciarias informen sobre o suceso. Continúa o goteo de mortes sen esclarecerse e sen ser investigadas polo que seguimos unha vez máis esixindo responsabilidades e que se tomen as medidas necesarias para respeitar ao dereito á vida nesta e en todas as prisións e evitar a aplicación extra-xudicial da pena de morte.

Tal e como recentemente denunciamos no informe presentado ante a Comisión de Dereitos Humanos do Parlamento Vasco e ante os medios de comunicación, as condicións de encarceramento que se dan nos módulos ocupados, inevitablemente traería consigo masificación, desatención e mortes. Este feito representa unha nova crónica de mortes anunciadas. Non podemos esquecer que temos constancia da existencia de máis de 35 persoas mortas por motivos non naturais durante os catro últimos anos nos centros penitenciarios situados na Comunidade Autónoma Vasca e Navarra ou con residencia administrativa na CAPV, mortas noutras prisións do sistema penitenciario español.

NOVA ESCALADA NA POLÍTICA DE OCULTAMIENTO DESTAS MORTES

Queremos denunciar a sistemática política de ocultamento destas mortes. Con estes dous novos casos caso temos xa un novo dato: agora xa nin se notifican pasados uns días, nin aparecen nos medios de comunicación, senón que se ocultan e non se fan públicas como parte da estratexia de impunidade ante as mortes non naturais que están acabando coa vida de centos de presos no seo de institucións públicas coas que manteñen unha relación de suxeición especial e cuxo dereito á saúde e á vida depende única e exclusivamente das mesmas. Que está pasando? Por que se ocultan estas mortes? Por que non se esixen responsabilidades ou polo menos se investigan? Ocorrería o mesmo se as vítimas foran outras? Pódense tolerar impunemente estas mortes no seo dunha institución do estado como é o sistema penitenciario?.

Instamos aos medios de comunicación, ás instancias políticas e xudiciais, así como ás entidades que traballan en defensa dos dereitos humanos a que se dirixan á Dirección do penal, á Dirección Xeral de Prisións e ao Servizo Vasco de Saúde que xa ten transferida a sanidade penitenciaria, para que informen sobre as circunstancias desta nova morte posto que parecen máis preocupados por meter o cadáver debaixo da alfombra que por garantir o dereito á saúde e á vida das persoas presas evitando que se produzan estes terribles feitos.

Preocúpannos a política de ocultamento non dando información pública sobre esta morte, pero ademais, a escasa iniciativa de actuación por parte das autoridades xudiciais competentes para esclarecer as circunstancias destas mortes por causas non naturais, na súa gran maioría de persoas novas que, non o esquezamos, manteñen unha relación de suxeición especial coa administración do estado e, este, ten a obriga de garantir, entre outros, o seu dereito á vida. Esta situación é inaceptable, sobre todo cando a maioría desas mortes se poderían evitar, simplemente, coa aplicación estrita da actual legalidade vixente.

PARA DENUNCIAR ESTA NOVA MORTE EN PRISIÓN

E ESIXIR QUE SE CUMPRAN ESTAS RECLAMACIONS

CONVOCAMOS UNHA CONCENTRACIÓN E RODA DE PRENSA

O vindeiro luns DÍA 11 DE MARZO Ás 12

FRONTE Á SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ESPAÑOL

NO PAÍS VASCO. C/ OLAGUIBEL 2. VITORIA-GASTEIZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario