6 mar. 2013

[Ponteareas] Sábado 9: IVº Foro – Mesa Redonda: O Sector Forestal a Debate

Recibimos da Sección Sindical Forestal CNT - SOV de Vigo esta Convocatoria à que damos debida conta:

A SOSTIBILIDADE DO MEDIO AGROFORESTAL GALEGO

Este ano realizamos xa o IV Foro-Mesa redonda do Sector Forestal. O noso obxectivo segue sendo a transformación e o progreso social a través dunha economía sostible e integrada co noso entorno, fomentando o coñecemento dos nosos recursos e das alternativas económicas co fin de promover o rural como base para a dinamización e potenciación do autoemprego e protección do medio.

Seguir lendo acá o tríptico da convocatoria con os horarios das actividades e os títulos das ponencias e nomes dos ponentes das palestras (ou mirar no cartaz).

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada