5 mar. 2013

[Indonesia]: Declaración final dxs compas da antigua Negasi sobre o xuízo do asasino de Ryo

Colamos despois de traduzir de ContraInfo esta moi interesante reflexón sobre os cárceres e a "xustiza" das compas anarquistas da Indonesia. Cabe sinalar que este texto foi lido en 10 de febreiro nun encontro que se realizou despois dun longo e esgotador debate entre solidarixs, os dous últimos meses sobre o caso de Ryo, e é a declaración final dxs antiguxs membros/compas da autoextinta página de información anarquista de Indonesia "Negasi" e afinidades:

Boas tardes:

A todas as que sempre levantan a man e nunca agachan a cabeza ante a inxustiza, a sociedade e todos os inimigos. Respecto para aquelas que mostraron a súa solidariedade directa como linguaxe de resistencia.

Antes de nada, queremos confirmar a nosa posición no medio desta concentración e entre persoas que se autoproclamaron tamén involucradas en levar a "xustiza" á familia de Ryo. A nosa confirmación baséase nos nosos valores, como amigas, como compas que perdeu un irmán e compañeiro. Estamos máis alá da normalidade e fóra dos valores da moralidade. Falamos como individualidades e non como grupo ou colectivo nin en ningún termo organizativo.

Algunhas de nós tivemos a "sorte" de ter un irmán e amigo: Ryo. Un valente e un compa para nós. Por iso, non queremos negar a súa contribución á nosa historia como individualidades e como grupo. Reivindicando a súa participación, mostramos o noso respecto. Recordando a súa dignidade e arduo traballo para seguir aprendendo e cuestionando toda normalidade e paz social. Queremos mostrar que a súa vida foi unha viaxe para descubrir que a paz social e a vida normal son unha gran mentira! Que todas vivimos nunha prisión. Atascadas na zona confort tras os barrotes que nos encarceran da liberdade total. Que el decidiu tomar o seu desexo e levarse a si mesmo máis alá dos límites da comprensión da sociedade: a vosa sociedade, non a súa. Compracémonos diso e sempre o teremos na memoria para honrar ao noso querido Ryo.

Algunhas de vós criticádenos por publicar a cara do noso irmán en "páxinas terroristas". Todas elas, tan conscientes dos "xuízos públicos" e sinaládenos co dedo a nós "chamándonos un "número" de individuas" con problemas sociais e mentais". Chamádenos "malas amigas" que xamais quixeron levar a "xustiza" á súa familia. Ledes a nosa declaración e acusádenos de grupo "demente" que só usa o nome do noso irmán no noso interese. Para todas elas, a nosa forma de mostrar solidariedade era a "equivocada".

Queremos que saibades que

Non nos podedes xulgar. Non podedes obrigarnos a ceder aos vosos estilos e termos solidarios. Intentástelo e só podedes intentalo, pero cada unha de nós é un paxaro libre que voou máis alá das vosas estratexias, accións e palabras.

Tamén queremos repetilo. Nunca damos un paso atrás. Aínda así, non queremos unirnos á vosa misión de enviar ese cabrón (o que se levou a vida do noso amigo) a prisión. Nunca nos presentamos ao proceso xudicial, ás cousas da prensa, aos eventos relixiosos, ao "comité independente" destinado a encontrar e descubrir probas alternativas ou cousas así. Non nos interesa descubrir se alguén é "culpable ou "inocente" polo martelo xudicial. Nin tampouco pensamos que " debemos responsabilizarnos ante vós e compartir o noso "informe" de formas de solidariedade. Odiamos os xefes. E se hai algún entre vós, enfrontarémonos a iso. E si, estámosvos a ameazar!

Queremos que todas saibades que Ryo agora pertence a todas aquelas que mostran e queren expresar a súa solidariedade. A historia do noso irmán agora pertence ao espírito internacional da liberación total, á rebelión das individuas que reclaman ao noso irmán como o seu propio irmán. Se non vos gusta, pois irvos á merda!

Podédenos restrinxir dos vosos plans. Non nos preocupa. Podedes pechar as portas do Xulgado. Non nos interesa unirnos a vós alí. Podédesvos gardar os vosos convites. Non imos ir. Somos fantasmas. Fantasmas da liberdade e pesadelo da vosa covardía. Non hai barreiras que poidan frearnos para que continuemos as loitas e a solidariedade cara a Ryo. Vós elixides o voso lado para ceder ao sistema mediante o xuízo. Nós eliximos o noso.

Honra a Ryo!
Honra ás individualidades incontrolables!


Compas anónimas da antiga NEGASI

Mais información sobre o asasinato de Ryo acá

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada