4 mar 2013

[Grecia] Un numeroso grupo de encarapuzadxs prende lume às instalacións da filial da mineira canadiana Eldorado Gold

Recibido na nosa caixa de correos, damos conta desta acción directa contra unha das novas empresas canadianas (curiosamente todas elas con sede en Vancouver) que pretenden facerse de ouro a conta da saude e do traballo das xentes das zonas onde pretenden arrasar todo vestixio natural e mudalo en vertedorios de minerais altamente contaminantes, como é o caso de Eldorado Gold (con minas en activo ou en construcción en Grecia, Turquia, Rumania, China ou Brasil) de Edgewater Exploration (a que nos afecta a todas nos en Corcoesto e outra en Ghana ) ou Astur Gold (a mina de Tapia de Casariego), entroutras varias.

A noticia é recollida da web AlertaMinera con data de 18 de febreiro pasado e di así:

Un grupo de 40 a 50 persoas lanzaron cócteles molotov e prenderon lume aos equipos na localidade de Aristóteles (Halkidiki, Grecia) arredor da unha da madrugada do domingo 17, causando importantes estragos en polo menos unha decena de vehículos e maquinaria da empresa filial da transnacional Eldorado que xestiona o proxecto Skouries, ferindo levemente un vixilante de seguridade. A policía grega, que posteriormente detivo 27 persoas, tivo que liberalas horas máis tarde ante a falta de probas.

O proxecto mineiro de Skouries é o último dun complexo de instalacións semellantes que a empresa filial Hellas Gold ten na zona, onde posúe licenzas mineiras para unha área de 317 quilómetros cadrados, con reservas de chumbo, cinc, prata, ouro e cobre. A transnacional canadense Eldorado Gold, está instalada, así mesmo, noutros países como Turquía, Romanía, China e Brasil.

Dende o primeiro momento, a reacción social levantouse en contra da mina, que para os seus habitantes levará á destrución dos bosques locais e creará grandes danos ao ecosistema, contaminando augas subterráneas, aire e chans con substancias químicas perigosas con metais pesados como o chumbo, o cadmio, o arsénico e o mercurio.

Os opositores ao proxecto mineiro argumentan tamén que a diferenza de moitos outros países, o Estado grego non obtén regalías destas concesións mineiras á parte dos impostos e os postos de traballo. As concesións outorgadas en 2004 por Stratoni, unha das minas de Halkidiki que opera actualmente e está preto de Skouries, serán aplicables ata 2026 e poden ser renovadas dúas veces durante 25 anos cada vez, de forma gratuíta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario