7 mar 2013

3 persoas imputadas por impedir o desafiuzamento de Aurelia Rey

Recollemos esta noticia do xornal digital Praza.com:

O Xulgado de Instrución nº 3 vén de abrir dilixencias procesais contra 3 activistas imputadas de desobediencia leve por impedir o paso dos coches policiais e de bombeiros durante o fallido desafiuzamento de Aurelia.

Polo que aponta praza.com, nen o bombeiro que se negou a cortar a cadea que impedía a entrada no edificio, nin nengún cargo político dos que acabaran polo chan nesa xornada, figuran entre as persoas imputadas.

Segundo asegura Stop Desahucios, as tres activistas terán que ir a declarar ao xulgado, logo de ser denunciadas polos altercados que tiveron lugar o pasado día 18 de febreiro cando a mobilización cidadá lograra deter o lanzamento previsto para a muller de 85 anos, logo dunha xornada de tensión na que houbo varias cargas policiais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario