8 feb 2013

Novidades Noelia Abandoa a Folga de Fame polo Elevado Risco de Coma. Fotos da Concentración de Madrid

Informanos a AFAPP Galiza de que dende antonte Noelia volve comer tralo elevado risco de coma hipoglucémico, ademais unha persoa solidaria enviounos por correo unhas fotos da concentración de onten en Madrid onde ao redor de 40 solidarias reuníronse fronte a sede de Institucións Penitenciarias en solidariedade con Noe.

Na sua última chamada desta semana Noe comunicou á súa nai o seguinte:

*Abandoa a Folga de Fame. Antonte decidiu comer. O Centro proporcionoulle “patacas fritidas” e outros fritos que vomitou. Ela pide que lle dean puré de verduras ou algunha comida sana.
*Pensa que ten a columna desviada, ademais sinte fortes dores nas costas.
*Arrebatáronlle todo o que tiña na celda.
*Siguen facéndolle ducharse con auga fria.
*Intercambiou uns pitillos por un jersey porque ten moito frio.
*Comuricáronlle a suspensión das visitas co compañeiro da súa nai.

Están a facerlle a vida imposible a Noelia!!.

Noe converteuse nun obxetivo a eliminar, pois denuncia tódalas aberracións que se cometen no presidio de Ávila, queren calarlle a boca alí dentro. Noe ten moita vida por diante, loitaremos para manter á nosa amiga e compañeira a salvo das oscuras intencións de aqueles que queren acabar con todo atisbo de rebeldía e dignidade.

O envio de faxes mantense como está previsto. Hoxe 8 é o (ata agora) último día, estades a tempo.

Noe aguanta, Non estás Soa, estamos contigo compañeira.

Máis fotos da concentración de onte:







No hay comentarios:

Publicar un comentario