9 feb 2013

Ante a polémica desatada co suposto ataque anarquista á catedral da Almudena en Madrid.


O artigo de opinión que a continuación ides ler, estaba enlazado nos comentarios ao respeito noticia anterior, sobre o atentado recente na catedral da Almudena en Madrid. Pareceume interesante publicalo nunha entrada propia, dado que sodes moitas as que pasades de ler os comentarios, cousa que entendo perfectamente.
Pois aí vos vai...

Como a maioría saberedes, unha bomba foi atopada escondida nunha bolsa de plástico xunto a un dos confesionarios da catedral madrileña da Almudena. O empregado da empresa eclesiástica (perdón, o cura) que a atopou, avisou de inmediato aos maderos, que enviaron unha dotación do TEDAX que desactivou a bomba antes de que estalara.

Ben. Esta é unha desas entradas que publico en plan impertinente, sabendo que non vai gustar a todo o mundo e que me gañarei máis dun coscorrón, non obstante, teño que dicir algunhas cousiñas entorno ao sucedido e visto hoxe.

En primeiro lugar, respecto ao que alguns compañeirxs opinaron de que tras este atentado podería estar a policía ou algún interese para-estatal en lavar a imaxe da igrexa e da familia real, institucións ambas que últimamente sufriron duros golpes á sua imaxe pública por novas corruptelas descubertas no seu seo, dado que no comunicado faise mención específica á igrexa e á familia real e para colmo, as persoas que o fixeron puxéronse como nome "Comando Mateo Morral", compañeiro que precisamente atentou contra eses dous pilares da dominación. Persoalmente eu non creo que sexa así, ainda que certamente esa posibilidade tampouco me parece absurda e escámame bastante, porque lémbrame agriamente a tráxicos episodios dentro da historia do anarquismo como o infame Caso Scala, no cual as autoridades do goberno "demócrata" infiltraron axentes no sindicato anarquista CNT e coincidindo cunha manifestación desta organización contra os pactos da Moncloa en Barcelona o 15 de xaneiro de 1978, foi atacada a sala de festas Scala resultando mortas 4 persoas que, ademais, eran afiliadas do anarcosindicato, que por enton contaba cun gran apoio social. Tras os feitos a prensa burguesa criminalizou sen piedade ao anarcosindicalismo e 3 persoas foron detidas e condeadas a varios anos de prisión, acusadas de homicidio involuntario e fabricación de explosivos, mentras que outras duas recibiron penas menores por suposta complicidade e presunto encubrimento. Co tempo demostrouse que Joaquín Gambín, un confidente da policía, estivera dirixindo o atentado e a operación dende dentro e ainda que el foi condeado logo tamén a prisión e fíxose público, o apoio ao sindicato CNT resentiuse tremendamente tras aqueles sucesos e por extensión, tamén o respaldo ao anarquismo nun dos seus máis importantes fortíns dentro do Estado español: Barcelona.

De todos modos, non creo que este sexa o caso. Ademais, lamento recoñecer que o anarquismo non está nun contexto de gañar cada vez máis seguimento nin de ter un especial calado no imaxinario común, como sucedía na Barcelona do post-franquismo, e más bien me parece una acción realizada realmente por anarquistas, ainda que unha acción, iso sí, moi imprudente e moi criticable no aspecto de que puido causar moreas de víctimas inocentes entre xs turistas que visitan a catedral ou entre a xente que acude con frecuencia ás misas. Persoalmente non apoio en absoluto as accións que entrañan un risco para persoas inocentes, nin tampouco o discurso auto-referencial que promulgan alguns. Esta é a miña opinión. Falo por min e non busco representar nin falar por ninguén que non sexa eu e quen queira sentirse identificadx coa miña postura.

En segundo lugar, dicir que cando recibín o comunicado no correo huubo un feito que me chamou a atención. Primeiro, o feito de que só figuraran como destinatarios do mesmo o meu e-mail e o de Contrainfo, rede na cual participo traducindo xunto a varixs compañeirxs de diferentes partes do mundo. Non sei se houbo máis correos enviados a outras páxinas, pero neste caso só foi enviado a esas duass e pregúntome por que, sobre todo tendo en conta que medios burgueses como "La Sexta" emitiron nos seus putos telediarios imaxes da propia páxina de Contrainfo, en referencia a estos feitos, algo que tamén me mosquea.

En terceiro lugar, respecto á difusión, varias cousas:

- Pregúntome que diaños fan certos espazos que presumen de "contra-informativos" difundindo merda dos medios de comunicación burgueses. Non falo de Contrainfo, pois tanto Contrainfo como eu (ignoro se alguen máis) recibimos o comunicado tal cual foi difundido (eu non o difundín por estas razóns que expoño nesta entrada, síntoo, ainda que de todos modos, quen queira o puede consultar en Contrainfo, aquí). Refírome, sen embargo, a unha serie de páxinas que non só non difundiron o comunicado orixinal senon que fixeron prácticamente un copi-pasta do aparecido nos medios da talla sensacionalista de 20 minutos, a Secta (perdón, La Sexta) ou "Libertad" Digital. ¿A que xogades, facéndolle o xogo ao poder? Un pouquiño de seriedade na líña editorial, por favor, que a contra-información non é un xogo nen se basea en copiar-pegar cousas de aquí e alá para intentar ter a exclusiva e ser o blog "revolucionario" máis lido de Internet.

- Vin algunhas páxinas que, aproveitando esta acción (con todos os seus puntos reprobables e loables, que tamén os ten) volvían lanzar graves críticas contra xs compañeirxs das corrientes insurreccionalistas, calificándoxs de "descerebrados" entre outras perlas. Utilizar estes feitos como escaparate para as vosas criticas baleiras paréceme unha actitude realmente patética. Non vou entrar en detalles nen vou a enlazar a semellantes vertedoiros, os cuais non considero dignos de chamarse contra-informativos posto que nas suas posturas parecen reproducir a mesma retórica progre e a dimensión da paz social, ainda que iso sí, con coidados discursos. Non obstante, pareceme moi forte que haxa quen ainda se chame anarquista ao mesmo tempo que criminaliza as accións armadas cual becario de xornalismo currando en Telecinco.

¿Ainda no aceptáchedes que hai xente que está chea de rabia e que se está cansando de ser humillada día a día, da violencia estructural que exerce este sistema sobre o individuo e de ficar pasivx ante estas e outras miserias cotidianas?

En fin, isto pola miña parte é todo. Espero ter sido claro alo respeito e estou aierto a críticas e obxeccións que querades comunicarme, sempre que se parta do afán construtivo (as formas realmente me traen sen coidado, podedes insultarme se o consideradess oportuno, pero intentade que teña utilidade).

Saude e anarquía. ¡A única igrexa que ilumina é a que arde!


[extraído de http://vozcomoarma.blogspot.com.es/2013/02/ante-la-polemica-desatada-con-el.html]

Fágome responsable da traducción e publicación.
Fdo. Eiriña.

3 comentarios:

  1. El explosivo, la catedral y los anarquistas

    Um outro artículo de opiniom ao respeito, assinado por Inma Rojas na web PortalOaca.com:

    http://www.portaloaca.com/articulos/opinion/6935-el-explosivo-la-catedral-y-los-anarquistas.html#.URgHtVhl79E.facebook :


    ResponderEliminar
  2. Pois que queres que te diga a min pareceme unha montaxe a todas luces.
    O comunicado semella unha copia dun típico comunicado "insu" feita por un neno de prescolar. Por non falar do recurrente nome do suposto comando. E tal como esta situacion social en xeral
    eu penso que é un fake

    ResponderEliminar