8 feb. 2013

O Comando Insurreccionalista Mateo Morral reivindica a colocación do artefacto explosivo na catedral La Almudena de Madrid

Segundo información publicada en ContraInfo que traducimos e colamos:

A casa de deus por cu en Madrid (xoves 7 febreiro, 13 horas)

Demostramos que as vosas goridas santificadas son vulnerables. Os alicerces do voso poder tremeron polos quilos da nosa pólvora sacrílega que busca romper coa vosa paz cívica baseada en mortos e persoas encerradas por anos no talego. Isto é a vinganza. Superamos a barreira do medo.

O obxectivo do ataque explosivo é claro; dar cana á monarquía borbónica nos seus lugares sagrados. Toda a súa maxestosidade é froito da opresión e seremos os oprimidos que acabaremos con ela mediante a violencia revolucionaria insurreccional. Non caemos na trampa de esperar que se dean as condicións históricas. Cremos que as condicións para o ataque son propicias sempre que exista Estado, capital e máis aínda unha podre familia real fascista. Estamos decididos. Non esperamos. Actuamos.

Non temos a idea equivocada de que só mediante este tipo de accións lograremos a destrución de todo o que nos oprime. Nos non enganamos. Non nos autocompracemos. Isto é propaganda pola acción existente hai máis dun século entre os sediciosos e conspiradores contra o poder. É un chamamento á guerra sen límites utilizando toda a nosa imaxinación e enerxía para rematar con este mundo podre.

Lume ao talego
Viva a Anarquía!!!


Comando Insurreccionalista Mateo Morral

3 comentarios:

  1. De la prensa burguesa nunca se puede fiar uno, y menos cuando reproducen la versión policial, pero si es cierto que unos anarquistas pusieron más de un kilo de pólvora junto a medio kilo de clavos y un camping gas en una catedral abierta al público y a la una de la tarde... ¡menuda salvajada! (con perdón para los salvajes). No se yo como vamos a convencer al personal matando a sus abuelas.
    Espero sinceramente que la cosa no fuese como la cuentan los "mass mierda" y que se tratase de un aviso (que no pudiese explotar) o que estuviese programada para explotar por la noche. Porque por ese camino (bombas con metralla en lugares públicos) los anarquistas nos vamos a cubrir de gloria... si es que fueron los anarquistas, claro.

    ResponderEliminar
  2. Completamente dacordo co exposto polo anónimo de aquí arriba. De todos xeitos, no caso de que fose verdadeiramente un petardo listo para estoupar e voar en cachiños feligreses inocentes, non lembraría a situación a certo feito coñecido nos libros de historia coma "Caso Scala"?

    Eu prefiro pensar que ou ben a versión dos medios minte e a bomba estaba preparada para cando non houbese víctimas "inocentes" (ninguén é de todo inocente, pero bueno) polo medio, ou ben que foi cousa de compañeirxs (con todas as críticas que tal posibilidade conlevaría, que repito, estou totalmente dacordo)...

    Deixo enlace con algunhas reflexións persoáis ao respecto do ataque en sí e de como certos "medios contrainformativos" trataron o asunto:

    http://vozcomoarma.blogspot.com.es/2013/02/ante-la-polemica-desatada-con-el.html

    Saudiña.

    ResponderEliminar
  3. Isto é algo co que os anarquistas non sabemos tratar, non descartando que poida ser unha montaxe policial, sí penso que pode ser que algunha vez sexa posible que isto non sexa unha montaxe, e que realmente a xente que o fixo pense que este é o camiño.
    Ás anarquistas quedannos dúas opcións, desmarcarnos destos actos individuais, non consecuados, e alonxados totalmente da realidade e da luita popular, ou calar.
    A opción maioritaria é calar, ainda estando en contra deste tipo de actos que non forman parte de ningún tipo de proceso revolucionario, a xente cala, as organizacións calan e asumen as consecuancias negativas dos actos de outros, sen compartilas e sen entendelas, incluso asumen a represión que ven despois, con unha actitude un pouco cristiana de resignación.
    A outra opción é desmarcarse, o que trae acusacións de traidores, de apagalumes etcetc...
    Isto que semella unha tontería é un gran freno para o avance e a aceptación social do anarquismo, semella que non se pode criticar calqueira barbaridade que faga algún pirado mentres firme que é anarquista.
    E non é un debate sobre violencia/non violencia, xa que realmente ninguen neste planeta está en contra da violencia, a cuestión de fondo é cando existe lexitimidade para execerla, cando é un momento propicio para exercela e se vai a traer algunha ventaxa no avance cara unha sociedade horizontal e autoxestionada.
    De todos xeitos estos debates non se poden ter por internet, xa que non há liberdade para que alguén que defenda a outra posición se exprese libremente, por posibles consecuencias legais.

    ResponderEliminar