6 feb. 2013

6-7-8 de Febreiro.- Solidariedade URXENTE con Noelia en perigo de COMA HIPOGLUCÉMICO

Recebemos da AFAPP Galiza un correo solicitando a publicación deste Aviso Urxente de envío de faxes masivos en 6,7 e 8 deste mes de febreiro à Secretaría Xeral de Instituicións Penintenciarias e à "Defensora del Pueblo" en solidariedade con Noe, quen leva en folga de fame no cárcere de Brieva desde o día 8 de xaneiro e se atopa en perigo de coma hipoglucémico.

Estes son os nºs de Fax:
- S.X.I.P. : (+34) 913354052
-"Defensora del Pueblo": (+34) 913081158

Á data de 05/02/2013 a vida de Noelia Cotelo Ribeiro, veciña de A Coruña, encóntrase en grave perigo no Centro Penitenciario de Brieva, Ávila.

Se ben na nosa anterior noticia ao respeito da situación de Noe, comentabamos que deixara a Folga de Fame, agora segundo este correo soubemos de que Noelia retomou a Folga de Fame, e as súas reivindicacións son:

- Levantamento da Suspensión das Comunicacións.

- Traslado fora do CP Brieva, Ávila. Achegarse a súa terra, Galiza.

- Que non haxa homes nas cadeas de mulleres.

- Fin das Torturas e Malos Tratos na Prisión.

Noe chamou á súa nai o luns 5 ás 17`30 hrs para informarlle do seguinte:

- Tibérona alxemada das 10´00 ata as 16´00. Momento no que a Dr.Teresa díxolles ós funcionarios que debía estar en reposo e debían deixala ir a cama.

- A Dr. Teresa tomou unha mostra de sangue e obtivo un nivel de glucosa de 30 mg/dl. Avisoulle de que podería entrar en COMA HIPOGLUCÉMICO.

- Di que ten todo o corpo cheo de magulladuras dunha nova paliza.

O Síndrome Hipoglucémico prodúcese cando o nivel de glucosa no sangue é inferior a 50-60 mg por 100 ml. O coma hipoglucémico prodúcese cando o valor é tan baixo no sangue que o cerebro non obtén as calorías suficientes para as súas funcións (o cerebro só se alimenta de glucosa).

Actualmente a Noelia néganselle as visitas da súa nai e amigas, a asistencia sanitaria, así como o dereito á educación.

A Noelia un funcionario agrediulle sexualmente estando atada e drogada, golpeáronlle en múltiples ocasións, negáronlle a medicación para a infección de oido, falseáronlle os datos da Folga de Fame, estánlle obligando a ducharse con auga fría, retiráronlle mantas e roupa de abrigo, non permitindo á súa familia e amigxs entregarlle máis.

5 anos en réxime de aillamento, 5 anos resistindo á privación sensorial, catalogada pola ONU como Tortura Branca.

Xa abonda de Dispersión, de Torturas, de Mentiras, de Aillamento.

Queremos a Noelia ceibe, coas súas amigxs e familia, queremos te-la preto e coidala.

O Estado encerra persoas e as maltrata, ¿é esta a súa reinserción?

NOE LIBERDADE, NOE COA SÚA XENTE, NOE COA SÚA FAMILIA

SOLIDARIEDADE URXENTE CON NOELIA, ELA ESTÁ DISPOSTA A LOITAR ATA O FINAL, ¿QUÉ ESTAMOS DISPOSTXS A FACER NÓS?

XA ABONDA DE INXUSTA XUSTIZA

¿SON AS CADEAS A SOLUCIÓN, OU PARTE DO PROBLEMA?

Máis información sobre Noe neste mesmo blogue

Máis información no blogue da AFAPP Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada