12 ago. 2012

Manifestación contra as touradas en Pontevedra


Se a semana pasada informabamos dos actos en contra das touradas na Coruña (-aquí), agora tócalle o turno a Pontevedra, que acollerá durante este fin de semana a súa ración anual de crueldade pública e de bárbaro espectáculo asasino.

Hoxe, sábado 12 de agosto, as 20h, manifestación con saída da Praza da Peregrina en rexeitamento das corridas de touros pontevedresas. Convoca "Touradas fóra de Pontevedra", plataforma cidadá composta por multitude de organizacións co común rexeitamento a esta eiva social que algúns aínda consideran "festa" ou "cultura" a día de hoxe, en pleno século XXI. Aquí teneis o enlace á páxina web da mencionada coordinadora onde atoparedes o seu manifesto.

Onte unha cadea humana rodeou a praza de touros pontevedresa a xeito de simbólica protesta convocada polas organizacións Equanimal e Cas-international. Información que nós atopamos en "Diario Liberdade" (enlace -Aquí).

No hay comentarios:

Publicar un comentario