19 jul 2012

Tres detidos por apedrear unha oficina do INEM en Ourense

Se Ourense xa destacara por rexistrar os incidentes máis significados das manifestacións contra os recortes do pasado venres en Galiza, cando a manifestación espontánea atacou a sede do P.P. con ovos e bengalas e máis queimou basura na porta do inmobre(AQUÍ en Abordaxe), esa mesma fin de semana voltou a destacar polo ataque con pedras e pintura contra un INEM e pola detención dos tres presuntos autores.
Segundo o informado pola prensa comercial, a policía nacional detivo na madrugada do domingo a tres mozos de entre 18 e 19 anos despois de que supostamente escacharan cinco cristais da sucursal de emprego e lanzaran pintura contra a fachada do edificio. A prensa fala tamén da intervención dunha mochila con pedras, pintura e un pasamontañas.

Os detidos sairon en liberdade con cargos despois de pasar polo xulgado. A un deles a policía atribúelle, ademais, a participación nos episodios do día anterior na sede do P.P.

Nova elaborada por C.R. con información da prensa comercial e máis de Galizalivre (AQUÍ) e Ceivar (AQUÍ).

No hay comentarios:

Publicar un comentario