16 jul. 2012

Prisión para os detidos en Genova no G8 de 2001

Once anos despois dos acontecementos da cumbre de Genova, punto de inflexión do movemento antiglobalización, confírmanse as sentenzas de ata 15 anos de cárcere para dez dos detidos nos disturbios daquela cimeira. O Tribunal Supremo de Casación italiano confirmou este 13 de Xullo as sentenzas, que oscilan entre os 6 e os 15 anos de prisión. Tan severas condenas contrastan coa benevolencia dos tribunais italianos para cos asasinos de Carlo Giuliani, tiroteado e posteriormente atropelado polas forzas de seguridade durante o transcurso daquelas protestas; ou cos policías xulgados polas salvaxes palizas aos manifestantes que durmían na escola Díaz, que pese a inhabilitación temporal e as altas condenas non ingresarán na cadea (AQUÍ en esterecho Indymedia).

Polo menos dous dos manifestantes xa se atopan en prisión (cunha condena de 10 anos), e outros dous dos sentenciados en paradero descoñecido (con condenas de 13 e 15 anos) e con ordes de captura na súa contra. Outras cinco persoas atópanse á espera da resolución das súas apelacións en liberdade baixo fianza.

Estas son as sentenzas:

Alberto Funaro: 10 anos (xa está en prisión)
Ines Morasca: 6 anos e 6 meses
Marina Cugnaschi: 12 anos e 3 meses (coa reducción de 9 meses; xa está en prisión)
Vincenzo Vecchi: 13 anos (coa reducción de 9 meses; en paradero descoñecido)
Francesco Puglisi: 14 anos (coa reducción de 12 meses; en paradero descoñecido)

En libertad baixo fianza á espera das apelacións dos seus cargos:
Carlo Arculeo (8 anos)
Carlo Cuccomarino (8 anos)
Luca Finotti (10 anos e 9 meses, coa reducción de 12 meses)
Dario Ursino (7 anos)
Antonino Valguarnera (8 anos)

C.R.

Info tirada de Contrainfo: -AQUÍ


1 comentario: