4 jul. 2012

Novas insurrectas arredor do mundo

Se hai uns días informábamos do lamentable feito de que a explosión accidental dun artefacto caseiro mancaba a un compañeiro anarquista da cidade de México e do atentado contra a sede de Microsoft en Grecia (nova aquí), hoxe actualizamos ambas as dúas noticias e máis aproveitamos para engadir algunha outra nova sobre o golpe represivo que a policía italiana tivo a ocurrencia de nomear operación Ousadía.

En canto ao tema do atentado fallido de Mario Lopez "El Tripa", que tivo que ser hospitalizado o pasado martes 26 debido a explosión da bomba que transportaba, enlazamos AQUÍ unha entrada de "Viva la Anarquía" na que poderedes atopar unha carta do compañeiro así como un comunicado dxs avogadxs e outro de varios grupos anarquistas Mexicanos. Mario non se atopa aínda fora de perigo, xa que podería perder unha perna debido ás queimaduras, e semella que a policía pretende relacionar a outra persoa, Felicity Ryder, cos atentados desa noite.

A espectacular acción que destrozou a entrada da sede de Microsoft en Grecia, mediante o incendio dunha furgoneta cargada de bombonas de gas e 150 litros de gasolina, o pasado día 27, reivindicouna a célula Conductas desviadas para a propagación do terrorismo revolucionario - Frente revolucionario Internacional. No seu comunicado fan referencia a represaliadxs anarquistas da guerra social, como algúns presos gregos, o mexicano Mario Lopez ou xs detidxs da operación Osadía en Italia. Nova tamén en "Viva la Anarquía", de onde collimos a información, AQUÍ.

E, falando de Italia, actualizaremos a informacion relativa á mencionada operación Ousadía (Ardire en italiano), que meteu entre reixas a oito persoas despois de 40 rexistros domiciliarios o pasado 13 de xunio, supostamente en relación con varios espectaculares atentados sucedidos nos últimos anos e reivindicados por anarquistas, na súa maioría pola Federación Anarquista Informal (nova neste blog aquí). Pois ben, colamos aquí este enlace a, que casualidade, "Viva la Anarquía", onde podedes atopar unha traducción da carta de Stefano Gabriele Fosco, redactor da web "Culmine", actualmente na cadea pola mentada operación, baixo delirantes acusacións de seres ideólogo de inumerables accións directas debido a súa labor contrainformativa e pola difusión de campañas solidarias con anarquistas represaliadxs arredor do mundo. (Carta aquí)

C.R.

2 comentarios:

  1. Compas, a primeira ligazón de onde pon "nova aquí" (que enlazaría ca nova do compa ferido en México e do petardazo contra Microsoft en Atenas) non vai.

    Polo demáis, graciñas polas actualizacións da info do compañeiro mexicano, difundirei.

    ResponderEliminar