4 jul. 2012

Saen en liberdade os cinco detidos pola mani do SEAGA (Compostela)

Finalmente, a última hora da mañá, sairon en liberdade as cinco persoas que nestes últimos tres días foran arrestadas en relación ao lanzamento de bengalas e outros obxectos contra a fachada da Xunta o remate dunha mani de traballadores do SEAGA o pasado 20 de xuño.

Impútanlles cargos de desordes públicas, danos e lesións; pois supostamente un traballador da Xunta mancouse cuns cristais durante o suceso. Parece ser que os detidos terán que comparecer nos xulgados os uns e quinces de cada mes. Pediríanlles tamén 8.000 euros polos danos, que deberían de abonar entre os cinco de xeito solidario (ousexa que se algún non ten cartos quitaranllos ao resto).

Esta é a información que chegou a nosa redacción de fontes achegadas ao caso a escasos momentos da saída dos xulgados, polo que quizais teñamos que matizala ou ampliala no sucesivo.

Algún medio empresarial, na súa versión dixital, xa publicou a versión policial do suceso, é de supor que en breve o fagan os demáis. Como non gustamos de facerlles publicidade aos intoxicadores mediáticos non enlazaremos os seus artigos, quen os queira ver de seguro que saberá atopalos.

1 comentario:

  1. http://diarioliberdade.org/artigos-em-destaque/409-repressom-e-direitos-humanos/28861-cinco-pessoas-detidas-em-compostela-acusadas-de-desordens-,-altera%C3%A7om-da-ordem-e-lesons.html

    Todo aponta a montagem policial na detençom de 5 pessoas em Compostela

    ResponderEliminar