26 jun. 2012

Xornada antipsiquiátrica (A Coruña)


Aquí tedes o cartaz da xornada antipsiquiátrica que se desenvolverá no C.S.O.A. Palavea (Rúa Río de Quintas 31, N-550 xunto á discoteca OH!Coruña) o próximo sábado 7 de xullo. Nela atoparedes un monólogo sobre psiquiatría de Bitxo Bola ás 18:00; seguido pola proxección do filme "El revés del tapiz de la locura", sobre a creación da Radio Nicosia, ás 18:30; unha hora máis tarde, ás 19:30, virá a charla "Radio Nicosia. Unha experiencia de radio alternativa"; ás 22:00 ceador popular en beneficio das xornadas; e ás 23:00 a velada rematará cun concerto, tamén en beneficio das propias xornadas (grupos por confirmar).

Radio Nicosia é unha das primeiras emisoras realizadas por persoas que foron diagnosticadas de problemas de saúde mental. É unha experiencia que intenta unha mirada lateral sobre a loucura e busca vías alternativas -e alterativas- na área para deconstruir o estigma.


Para sufragar os gastos de preparación do evento, este sábado 30 de xuño, tamén na coruñesa okupa de Palavea, o grupo "Acupuntura" de A Barcala e outro grupo máis (que aínda non sabemos cal será) tocarán en beneficio da xornada do seguinte fin de semana.

Enlaces a Radio Nicosia aquí, aquí e aquí.

Enlace o blog do C.S.O.A. Palavea aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario