Vimos de saber por un correio recebido que unha das persoas encirradas no macrocárcere de Teixeiro, quen xa denunciara feitos similares hai só uns días, volveu re-ceber unha malheira.
Despois de ser sometido a un cacheo ilegal, foille intervido umha copia do seu DNI, ao que ele recriminou dito feito ao carcereiro advertindolle de que este estaba a cometer un delito penado con varios anos de cárcere.
A resposta do carcereiro foi, como non, cobarde, ao acudir xunto a un grupo de entre 12 e 15 carcereiros ata a sua cela e alá agredirlle con puñadas, gomas e barras de ferro.
Mais desta vez non houbo resposta pasiva. O compa intentou respostar a dois distos carcereiros.
Foille aplicado o réxime pechado segundo o artigo 72 do réxime penitenciario e volve a estar de novo na sua galería.
O domingo pasado, 3 de xuño, este abuso (tortura) foi posto en coñecemento dos advogados de Esculca, quen quedaron en ir visitarlle e solicitar que sexa visitado polo forense, pois desta volta si que lle deixaron marcas ostensiveis.
Todo evidencia que o cacheo foi unha provocación por parte dos carcereiros corporativistas dado que o anterior agresor fora retirado do servizo en aillamento.
6 jun 2012
Unha nova agresión no cárcere de Teixeiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario