6 jun. 2012

Recordatorio IX Xornadas Anarquistas de Compostela - O tramo final

Convidamos desde acá a asistencia as vindeiras actividades deste venres 8 con a estrea mundial do documentario "De la cuna a la cárcel...por ser pobre" e posterior charla sobre a escola libre "Ruka Inche" e o sábado 9 ao coloquio sobre "A Insurreción: Teoría e Práctica" con Alfredo M. Bonanno, como colofón destas intensas xornadas anarquistas celebradas no local da Biblioteca Anarquista de Compostela "A Ghavilla". En "Leer mais" ofrecemos mais información ao respeito.
O venres 8 às 20:30' contaremos con a presencia do compa chileno Paulo quen nos apresentará en "Estrea Mundial" e paralela à sua estrena en Santiago de Chile, o documentario "De la cuna a la cárcel...por ser pobre" con a charla posterior sobre a escola libre "Ruka Inche" da que Paulo participa.

E o sábado 9, tambén às 20:30' teremos con nós ao Alfredo M. Bonanno, con quen partillaremos un, de seguro, interesantísimo coloquio sobre "A Insurreción: Teoría e Práctica". Alfredo M. Bonanno é un pensador e activista anarquista insurreccionalista italiano, autor de numerosos ensaios de pensamento e análise editados pola Edizioni Anarchismo da que forma parte.

Depois de ambas charlas coloquios haberá o habitual Ceador Vegano

No hay comentarios:

Publicar un comentario