6 jun. 2012

Ponte Docu, Xoves 7 de xuño: Charla e Proxección do documental "COPIAD MALDITOS"

As compas do Ateneo Libertario de Ponteareas Lume Negro fixeron-nos chegar ao noso correo esta convocatoria da sua vindeira actividade do seu ciclo Ponte-Docu,unha iniciativa que leva desde o mes de novembro de 2011 presentando cada primeiro xoves de mes as 21 horas no Enigma-Cafe Bar, sito na rúa Real 27 desa vila, un interesante documental e a consabida charla posterior. Neste caso a proxección e charla xirarán en torno ao filme documental "Copiad Malditos", do que ofrecemos en "leer más" o seu folleto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario