4 jun 2012

Absolución para os imputados polo caso bombas (Chile)


O pasado venres 1 de xuño púxose fin ao calvario xudicial ao que varios compañeiros anarquistas chilenos se vían sometidos dende agosto de 2010. O tribunal que xulgaba o mediáticamente coñecido como "caso bombas", que vinculaba a seis activistas coa colocación de artefactos explosivos, así como co financiamento de supostas "actividades ilícitas terroristas", declarou a absolución para os seis imputados que quedaban no proceso.

Tras máis de dous anos de montaxes mediáticas, rimbombantes actuacións fiscais, cárcere e folgas de fame así como solidariedade a cachón por parte de achegados e amigos, remata este proceso cuxa sentenza detallada se coñecerá o próximo dous de agosto.

Mentres tanto aquí deixámosvos estes enlaces a través dos cales se poden coñecer os pormenores desta noticia:

-En Hommodollar aquí.

-En VivalaAnarquía aquí.

-En "Solidaridad por lxs presxs", blog sobre el caso, aquí.

Nova elaborada por C.R. a través das páxinas mencionadas.

1 comentario:

  1. Parabems aos companheiros chilenos!
    Se cadra non estaría mal mudar o fondo da página. Ser anarquista e erguer a bandeira preta non quere dizer que o melhor anarquista é o anarquista cego ;-)

    ResponderEliminar