28 jun. 2012

Sábado 30 de Xuño - IV Encontro da Rede de Hortas de Vigo e Entorno

Recebemos no noso correo esta convocatoria, da que damos debida conta:

Bo día, por fin, chegou o IV Encontro da nosa Rede de Hortas da zona de Vigo. Será o vindeiro sábado 30 de xuño.

Pola mañá, coñeceremos a horta do Barrio do Cura, que organiza esta vez o encontro, e poderemos xuntarnos para compartir novas propostas, novos encontros ou futuras actividades da rede...

E pola tarde, de acordo coa idea de aproveitar os encontros tamén para facer algún obradoiro de interese para as hortas, poderemos aprender un pouco sobre o tratamento de pragas e enfermidades nas plantas de cultivo grazas a Jacobo, labrego de Redondela, que virá ata o encontro para explicárnolo e tentar resolver as dúbidas que teñamos.

Vémonos o sábado.

Lembrade traer o xantar, e difundir a convocatoria entre os vosos contactos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario