23 jun 2012

Concentración contra as torturas en prisión (Coruña)


Pois iso, que este martes 26 de xuño, aproveitando a data do día internacional contra as torturas, ás 11:00h haberá unha concentración fronte aos xulgados de Coruña contra a tortura en prisión. Preténdese apoiar dese xeito a campaña contra a tortura en prisión que máis de 50 presos levan a cabo en cárceres de todo o estado, así como denunciar as recentes malleiras e demais represalias contra integrantes da mesma acontecidas recentemente na prisión de Teixeiro (neste blog aquí, aquí e aquí).

Redactado por C.R. a través de información chegada ao noso correo

1 comentario: