13 jun 2012

Calendario de actividades de este mes en el C.S.O.A. Palavea (Coruña)


Aínda que un pouco tarde, aquí vos deixamos o novo calendario de actividades do Centro Social Okupado e Autoxestionado de Palavea. Algunhas xa pasaron, pois xa estamos a mediados de Xullo (xa se sabe, os okupas coruñeses e a puntualidade nunca estiveron en boas relacións), pero aínda quedan moitas e interesantes cousa que facer no que resta de mes na centro social coruñes.
Especial mención requiren as festas no barrio de Palavea, pois o vindeiro sábado 16, xunto coa asociación veciñal Palavea Bravú, a okupa organiza no descampado xunto ao centro de menores unha festa con sesión vermú e posterior concerto de Folkolicos, Tazos, Furnier, Noé, Glandes Clan (Breakdance) e BitxoBola.

O C.S.O.A. Palavea atópase na rúa Río Quintas nº31, na N-550 xunto a discoteca OH Coruña.
Blog da okupa aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario