13 may. 2012

Recordatorio dos comedores de apoio a presxs dos mércores no C.S.O Palavea

Lembramos que desde hai xa varios meses tódolos mércores disfrutamos dos suculentos xantadores veganos en apoio as persoas presas no Centro social Okupado de Palavea (rúa Río Quintas 31, N-550 xunto a discoteca OH Coruña). Así que todos os mércores, a iso das 14:30 horas, comida solidaria cxs represaliadxs do sistema e os seus conseguintes debates informais anti-represivos de sobremesa.
Todo o recaudado destinase integramente o apoio daquelas persoas presas que asambleariamente decidimos os participantes dos xantadores.
Nunca a solidariedade foi tan apetitosa!
Como non todo vai ser protestar ¡desta vez loitaremos comendo!
¡Arriba os garfos!¡Abaixo os muros!

Blog do C.S.O. Palavea: http://okupacorunha.wordpress.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario