Entre o 17 e o 22 do presente mes transcorrerá a xira galega de presentación do libro "Drogas ¿una opción personal?, a cargo de un dos seus autores.
O libro fai un pormenorizado repaso das drogas de uso máis común, así como da historia, efectos e consecuencias do consumo de cada unha delas. Xorde do "III Encuentro libre de drogas" desenvolvido en setembro do 2010 en Madrid.
As presentacións en Galiza empezan esta semana e serán as seguintes:
-Xoves 17 de maio no "C.S.A. Sem um Cam" de Ourense(Rúa Vilar nº9).Ás 17h -Haberá zumos e tapeo vegano-.
-Domingo 20 de maio ás 18:30 no "C.S.O.A. Palavea" de Coruña (Rúa Rio de Quintas 31, N-550 xunto a discoteca OH Coruña).
-Martes 22 de maio ás 20h na Biblioteca Anarquista a Ghavilla de Compostela (Rúa Ponte da raiña nº8)
O cartaz é o da presentación de A Coruña.
-Charlas no blog da "Distri Maligan" aquí.
-Blog do "C.S.O.A. Palavea" de A Coruña aquí.
-Blog de "A Ghavilla" aquí.
16 may 2012
Presentación en Galiza do libro "Drogas ¿una opción personal?"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario