Jean Marc Rouillan, incombustible veterano das guerrillas urbanas francesas e catalás (ex-militante do M.I.L., os G.A.R.I., Action Directe e algún que outro grupo autónomo máis), goza dende hai 10 días de liberdade condicional tras pasar un total de máis de 24 anos da súa vida entre reixas.
O activista levaba un ano en réxime de semiliberdade, traballando fora do cárcere pero controlado a distancia por un dispositivo electrónico, condición que xa obtivera en 2008 pero que lle fora revogada por falar nunha entrevista sobre o seu pasado militante, cousa expresamente prohibida nas súas condicións de liberación.
Aínda deberá permanecer seis anos baixo estritas medidas de control, entre as que se inclúen: a obrigatoriedade de traballar e de pasarlles unha parte do seu salario ás familias das dúas victimas dos atentados mortais que lle atribúen, non poder saír do departamento de Bouches-du-Rhône e manterase a prohibición de falar sobre os feitos que o levaron á cadea.
Nova elaborada coa información extraída do boletín Tokata (aquí).
Máis sobre Jean Marc Rouillan neste blog: aquí e aquí.
28 may 2012
Jean Marc Rouillan en liberdade condicional
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
estades trabucados Rouillan nunca foi membro do MIL, mais si de GARI e ACTION DIRECTE
ResponderEliminarbom, seria muito peder que deras argumentos para dizer isso??
Eliminarcomentar, desde o anonimato, dizendo que estamos trabucados, assim sem mais porque tu o digas, é simples. Mas estaria bem que contaras em que te baseas para dize-lo, quando em muitas informaçons falam de que foi um dos membros fundadores do MIL.
Unha boa nova sen dúbida!
ResponderEliminarA seguir odiando as mañás :)
Rouillan participou en Vive la Commune!, no MIL, nos GARI e en Action Directe.
ResponderEliminarPois se Roullian non participou no M.I.L. debe ser un mentireiro de puta nai, porque no seu libro "De memoria (II) " ( Virus editorial- colección memoria) fala única e exclusivamente das súas vivencias dentro desta organización, da que di pertencer dende os seus comezos ata a súa autodisolución... e máis alá no comando ao que pertencía Puig Antich no momento da súa detención; así como tamén afirma a súa participación na devandita organizació en numerosas das súas outras publicacións.
ResponderEliminar