15 abr. 2012

Xornadas en Vigo: "A actualidade da memoria á luz de experiencias históricas contemporáneas"

Reproducimos a seguinte información chegada ao noso correo:

A actualidade da memoria á luz de experiencias históricas contemporáneas.

“Ao igual que o meirande temor dos líderes sindicais é a emancipación efectiva dos traballadores, o pesadelo recorrente dos intelectuais é o desenmascaramento da verdade”

Xoves 19/04/2012 ás 20:30. Pase de video: "Munis, la voz de la memoria".

O percorrido vital de Manuel Fernández Grandizo é revelador dos tempos convulsos que tivo que sortear. Desde a súa primeira militancia formando parte do trotskismo até a posterior adscrición ás correntes históricas da esquerda comunista internacional.

Sábado 21/04/2012 ás 20:00. Palestra: "Organización Obreira. A imposíbel cartografía do 72".

Cúmprense corenta anos das grandes folgas de 1972 na cidade de Vigo e, por tanto, corenta anos da aparición pública de "Organización Obreira" en tanto que actor fundamental para poder comprender correctamente aquel acontecemento.

Na "Cova dos Ratos" r/Romil,3
Organiza: Distribuidora Lapsus

No hay comentarios:

Publicar un comentario