Recollemos do noso correio este Manifesto-Denuncia:
O pasado 15 de Marzo, ás 20:30, D. F. I. circulaba en bicicleta polo carril-bus da rúa Lopez Mora, en direción cara o centro da cidade, cando os axentes municipais nº 440 e 429, da patrulla C-4, pararonlle, obrigaronlle a identificarse e tras reterlle durante uns 25 minutos, tramitáronlle unha multa de 200 €, considerando como infracción grave “circular en bici por un carril reservado a Bus/Taxi”.
Os colectivos abaixo asinantes consideramos esta sanción como un abuso e un ataque ao uso da bicicleta, na cidade, xa que neste concello non só non se promociona nen facilita o uso da bicicleta senon que se penaliza, aínda que esta sanción sexa debida a un exceso irracional de celo por parte dos axentes que a tramitaron ou a un desproporcionado afán recadatorio por parte do concello de Vigo.
Carece de toda lóxica penalizar a circulación en bici polo carril bus de Lopez Mora, pois non existe ningún outro carril nesa direción, obligando ás bicis a circular pola rúa Camelias, con moitísimo desnivel e ateigada de tráfico, para desplazarse cara ao centro da cidade. Lopez Mora é a ruta máis doada para que a veciñanza dos bairros de Coia, Travesas, Alcabre, Coruxo, Samil e Bouzas poda desplazarse en bicicleta cara o centro da cidade, xa que é a prolongación natural da Avenida Castelao, pola mesma curva de nivel, sen costas e cun carril bus polo que se podería transitar, xa que non perxudica a circulación dos buses, que se detén en todas as paradas e dificilmente acadan ás bicis. Muito máis entorpecen os taxis cando paran para subir ou baixar pasaxeir@s e non se lles prohíbe o uso do carril bus.
En outras cidades do estado como A Coruña, Valencia, Málaga ou Granada, e fora do estado como Paris e Londres, permítese a circulación das bicis polo carril bus cando non existen infraestructuras segregadas.
O Concello de Vigo non entede que por cada bicicleta circulando pola vía pública hai un coche menos contaminando e producindo ruído. A bicicleta é un medio de transporte ecolóxico, eficiente, saludabel, silencioso e barato, non contamina, non gasta combustibeis fósiles, non contribue a potenciar o cambio climático, non colapsa o tráfico, non provoca siniestralidade, non precisa de grandes superficies para aparcar, aporta autonomía á ciudadanía, fomenta a actividade física, tranquiliza as rúas, proporciona o encontro das persoas, disminue o gasto individual e familiar en desplazamentos, non provoca contaminación paisaxística nin lumínica, humaniza as cidades e proporciona ben estar físico, mental, espiritual e social. O uso da bicicleta trae beneficios tanto para o usuario como para o resto da comunidade. Ademáis por cidade é un medio de transporte máis rápido que o automóvil, calculando o tempo porta a porta.
A bicicleta está ligada ao conceito de Cidades máis Humanas onde a seguranza, a sociabilidade, a accesibilidade, a solidaridade e o ben estar das persoas ten prioridade sobre o fluxo de veículos a motor.
Informamos ao Sr. Alcalde, presidente da “Rede Española de Cidades polo Clima” que na implantación de acións encamiñadas á redución de gases de efecto invernadoiro, a promoción do uso da bicicleta é muito más económica (€/Tn CO2) que calquera outra medida de eficiencia enerxética.
Por todo isto solicitamos ao Concello de Vigo que non penalice o uso da bicicleta pola cidade, que anule esta multa (expediente 128624825) e todas as que se puideron tramitar polas mesmas causas e que promocione e facilite o uso da bicicleta, mediante construción de infraestruturas como carrís bici, carrís compartidos bus-bici-taxi ou incluso carrís con prioridade de bicicletas e que tome medidas que permitan una circulación más tranquila, más segura y más atractiva para toda a cidadanía.
Estamos convencid@s que a bicicleta debe ser, xunto ao transporte público, o eixo fundamental de calquer política de movilidade sostíbel.
A bicicleta é básica para o equilibrio social e ambiental, abrindo posibilidades para un futuro digno e sustentável para todas e todos.
18 abr 2012
[Vigo] Non a Penalización do Uso da Bicicleta!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario