7 abr. 2012

Noticias okupas (Galiza)


Hai uns días informábamos da recente okupación dun centro social en Marín e reproducíamos o seu primeiro comunicado titulado "Manifesto de Okupación" (aquí). Pois ben, para profundizar un pouquiño máis en tan grata noticia, un novo correo danos a coñecer o nome deste espazo liberado, C.S.O. Liceo, e o enderezo do seu blog: csoliceo.blogspot.com.
Dende aquí desexámoslles unha longa, rebelde e subversiva vida a este novo proxecto libertario.

Noutra orde de cousas, aínda que tamén referido a okupacions, o recén okupado centro social "A Moura" da Coruña sufriu o seu primeiro contratempo en forma de encontrón cos xitanos de Peñamoa. Pois un grupo destes, en previsión do inmediato desmantelamento do poboado chabolista previsto para o vindeiro día 20, tentaron asaltar o portal no que habitan os okupas. Tras o incidente, que non se resolveu ata a chegada da policía, a familia xitana optou por okupar outro portal do mesmo bloque de vivendas.
Xa veremos que sucede con esta complexa convivencia que non comeza da mellor das maneiras. Noticia na prensa comercial aquí.

5 comentarios:

  1. Os meus parabens para a gente do C.S.O. Liceo.

    Gostaria-me dizer o mesmo ao respeito das okupas de "A Moura", mas prefiro nom felicitar-lhes porque a minha opiniom ao respeito está influenciada moi negativamente pola imagem delxs que tenho lido ou visonado em todas quantas informaçons aparecidas na imprensa comercial (mesmo um vídeo com supostas declaraçons dum dos okupas)e como é que desconheço da sua própria mau (além do que apontam os falsimedios) que é o que fam ou querem fazer, tudo elo leva-me a considerar estxs okupas como algo moi lonjano ao que eu penso devem ser as okupaçons (sejam estas para morar ou para fazer um Centro Social), e esta notícia nom deixa de alonjar-me ainda mais.
    Gostaria-me saber mais em profundidade sobre este "Centro Social A Moura" (um C.S. sem atividades???), porque acho que há certas conotaçons e actuaçons que (de ser certas) convinha ou bem nom dar-lhes mais bola neste blogue (a simples okupaçom de vivendas para morar nom tem porque ser umha luita a defender) ou mesmo, de confirmar-se o que eu leo entre linhas da imprensa burguesa, denunciar as suas atitudes razistas, paralegalistas e parapoliciais ( e espero estar totalmente errado).
    Ao respeito, dizer que mesmo em Itália (desconheço se em mais sítios) há grupos fascistas okupando vivendas para que motrem ne-las "só" famílias italianas sem recursos:
    http://mujeresantifas.superforos.com/viewtopic.php?p=375&sid=73607045002f406287cfaefa408aed72

    ResponderEliminar
  2. Hoxe La Voz de Galicia chegaba a dicir que os okupas da Moura marcharon do edificio polos supostos chabolistas de Penamoa... iso é verdade?

    ResponderEliminar
  3. Non é certo, polo de agora siguen alí, aínda que non todos o teñen tan claro como antes.

    ResponderEliminar
  4. Lamento desviarme un pouco do tema principal desta entrada (as novas okupacións en Galiza), pero quería sinalar algo respecto ao aportado polo compañeiro Edu. O caso dxs fascistas que okupan en Italia é sen dúbida curioso, e perigoso, sobre todo tendo en conta que determinados colectivos neo-nazis ou de extrema dereita no Estado apuntan no seu futuro próximo cara á emulación deses modelos (segundo me comentou un compañeiro de Barna fai algún tempo, alí algúns/has grupos de nazis seica xa teñen falado do asunto, pero para utilizar o espazo en desuso coma centro social onde extender a súa ideoloxía).

    A verdade, éche unha estratexia de carallo. Damos vivendas a familias italianas ("de pura cepa", por suposto) sen-teito e aproveitamos para lavarlles o coco con que non teñen vivenda nin traballo por mor dxs migrantes, e con que os colectivos ou movementos anti-capitalistas de esquerdas e/ou antiautoritarios atópanse ao servizo dese goberno de sionistas que deixa entrar a esxs migrantes para "foder a patria". Vamos, o que ven sendo o seu discurso de populismo oportunista de sempre, pero que ten unha capacidade de calado nas masas bastante eficaz, por moito que joda recoñecelo.

    Fai pouco o líder desa organización, Casa Pound, estivo polo Estado de visita, e cabe sinalar que perante as movilizacións antifascistas que, en resposta, tiveron lugar en Sevilla, xs necio-nalsocialistas tiveron que agocharse lanzando o bulo de que se desconvocaba todo o tinglado para logo voltar a convocar en segredo.

    Alén de todo isto, non sei... a "obxectividade" dos mass-merda é por todxs coñecidxs, e eu persoalmente non tomaría en serio nin unha palabra do que esxs merdeirxs poidan esbardallar sobre xs okupas da Moura, ainda que tampouco teño nin idea de como está a cousa, nin de quen está alí nin de como vai porque ainda non me puden achegar pero o dito...

    Saudiña

    ResponderEliminar