8 abr. 2012

Suicídase en sinal de protesta fronte ao parlamento grego


Un farmacéutico xubilado de 77 anos rematou coa súa propia vida, dun disparo na cabeza, o pasado 31 de marzo na praza Síntagma, fronte ao parlamento grego. Nunha nota encontrada no seu abrigo explicaba que preferiu dar "un fin decente" á súa vida "antes de empezar a buscar comida no lixo para alimentarme". Tamén afirmaba que a súa avanzada idade lle impedía unha "reacción combativa", pero que se non "Se unha soa persoa tomase un kalashnikov, o segundo sería eu".

Durante a manifestación de protesta polo suceso, que baixo o lema "Que non nos acostumemos á morte" reuniu 5000 persoas no lugar dos feitos o pasdo día 4, as cargas policiais deixaron a un foto reporteiro ferido de severa gravidade. Ao parecer un policía antidisturbios, de forma absolutamente premeditada, achegóuselle polas costas e propinoulle varios golpes coa asa da súa porra que lle deixaron nun estado de saúde crítico, polo que tivo que ser operado de urxencia por varias fracturas craneales. Marios Lolos é o presidente da asociación de foto reporteiros e xa fora agredido con anterioridade, do mesmo modo que sufría constantes ameazas por parte das forzas de seguridade.

Texto integro dá nota de suicidio:

"O goberno de ocupación de Tsolákoglu (nome do primeiro presidente grego que colaborou cos nazis -N. do T. -) aniquilou, literalmente, todo vestixio da miña supervivencia, que se baseaba nunha pensión decente, pola cal estiven a pagar eu só durante 35 anos (sen o apoio do Estado).

E como teño unha idade que non me permite unha reacción combativa (dende logo sen excluír esta posibilidade; Se unha soa persoa tomase un kalashnikov, o segundo sería eu), non podo encontrar outra solución, salvo un fin decente, antes de empezar a buscar comida no lixo para alimentarme.

Creo que os mozos sen futuro van tomar as armas e van aforcar os traidores nacionais boca abaixo na praza de Síntagma, como llo fixeron os italianos a Musolini en 1945, na praza Loreto de Milán,".

Nova elaborada por C.R. con información de "Verba Volant" (aquí, aquí e aquí) e da prensa comercial.
Outro texto sobre o tema en "A las barricadas" aquí.

1 comentario:

  1. Teño entendido que non foi a única persoa que se suicidou estes días. Outro home, por razóns similares (económicas) saltaba o martes dende un segundo piso. Tiña 38 anos.

    http://www.lavanguardia.com/internacional/20120407/54282748570/segundo-suicidio-grecia.html

    Segundo reflicte "la vanguardia", o diario grego Ekathimerini tería falado xa de, polo menos, 149 suicidios no que vai de ano, e estamos en Abril... manda carallo, e xs violentxs somos nós por escachar catro caixeiros, non, se ainda quererán que lles agradezamos as condicións de vida ás que nos someten, agasallando flores e apertas, e que vaiamos tomar algo de bo rollo.

    ResponderEliminar