13 mar 2012

Perseguirán os "lobos híbridos" nos montes do Barbanza

A xunta de Galicia perseguirá e exterminará os perros asilvestrados e os cruces destes con lobos puros que viven na serra do Barbanza. A medida, que Medio Ambiente xustifica coa patética excusa da conservación da especie autóctona, probablemente responda máis á intención por parte da administración de contentar a gandeiros e cazadores. De feito todo semella indicar que serán estes últimos, teóricamente supervisados pola consellería, os que realizarán as batidas de eliminación de tan "impuro" cruce de especies. Pese a que a "Estrategia para la Conservación y la Gestión del Lobo en España", aprobada no 2005, xa recolle este tipo de actuacións, a nós parécenos un tanto raro que nestes tempos de crise as administracións decidan gastar os cartos nestas crueis políticas de euxenesia animal por motivos estrictamente ecolóxicos e, como xa dixemos antes, inclinámonos máis ben polos económicos, pois os comuneiros da zona denunciaron a perda de máis dun cento de cabezas de gando nos últimos meses.
Neste mes de Marzo o método empleado para comenzar a "razzia" será o das trampas, coas que tamén pretenden colocar "gps" ós exemplares puros, probablemente mediante lazos modificados. Entre abril e agosto comezarán os "aguardos", axexando os animais nos seus camiños habituais e en comederos preparados a tal efecto.
Segundo os estudios realizados falaríase da existencia na zona do barbanza (municipios coruñeses de Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Boiro) dunha manada de 16 exemplares "impuros" de ata terceiro grado de hibridación.

Nova elaborada con información da prensa comercial, páxinas de asociacións de caza e a web de "Igualdad animal" (aquí).

C.Ribas

4 comentarios:

  1. Compas, non sei se tedes visto estoutro exemplo de "coherencia" naquelxs que din loitar pola natureza e polxs seus habitantes:

    http://vozcomoarma.blogspot.com/2012/02/organizaciones-ecologistas-se-alian-con.html

    ResponderEliminar
  2. Si, e os cazadores cando se fagan as batidas e vexan ao cánido fuxindo vanse parar a pedirlle o DNI para ver se é puro ou non...

    Por certo, o dos GPS servirá para ter localizados aos poucos lobos que non maten para que en futuras batidas saiban onde están as manadas e que os cazadores podan ir a tiro fixo.

    O verán pasado (2 e 9 de xullo e en setembro)a excusa das batidas de lobos que fixeron no Barbanza foi o ataque ao gando, a Xunta recoñeceu 4 lobos abatidos, pero organizacións ecoloxistas galegas teñen coñecemento dun número moi superior.

    Este ano, coa excusa de protexer a pureza da especie exterminarán a case todos. Este mes de marzo comezan (ao parecer xa comezaron) as batidas. Creo que van ser en Lousame e Porto do Son.

    Por certo, ao mesmo tempo que os cazadores do Barbanza están a exterminar os lobos, queixanse do aumento do número de xabalís (cuxa poboación é controlada de forma natural polos lobos) e piden batidas para matar tamén os porcos salvaxes. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2012/03/11/destrozos-jabali-fuerzan-agricultores-dejar-plantar/0003_201203B11C2993.htm

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2012/03/11/problema/0003_201203B11C2996.htm

    O cuestión é matar todo o ano.

    Por certo, hai que destacar o ben que se levan os da Delegación no Barbanza de La Voz de Galicia cos cazadores, vamos, parecen o seu brazo de comunicación.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Mirade...

    http://www.abc.es/20120312/natural-biodiversidad/abci-lobo-especie-protegida-duero-201203121127.html

    "España pide a Bruselas que el lobo no sea especie protegida al sur del Duero".

    ResponderEliminar