21 feb 2012

Reforma laboral

A nova reforma laboral, que precariza os dereitos dos traballadores ata límites descoñecidos dende o suposto advenimiento da santísima democracia, é xa un feito dende hai máis de 15 días. A preguiza natural que nos caracteriza impediunos facer oportuno repaso de tan sagradas escrituras no seu momento, así que agora emendamos o erro. Lede e chorade pecaminosos cordeiros do señor (do señor Botín, claro):

-Rebáixanse drásticamente as indemnizacións por despedimento, ademáis de ampliarse enormemente as condicións que os fan procedentes. Deste xeito o despedimento “ordinario” pasa de 45 a 33 días por ano traballado durante un máximo de 24 meses, cando antes eran 42. Ousexa que a indemnización máxima por despedimento disminue en casi un 60%.
-No caso dun despedimento “obxectivo”, que é o motivado por un empeoramiento da situación da empresa (nos casos colectivos coñécense como EREs), só teñen que pagarte 20 días de indemnización por ano traballado durante un máximo de 12 mensualidades. Ademáis, amplíanse de tal xeito as causas que o motivan que basta con que a empresa reduza os seus beneficios durante tres trimestres para poder declarar un Expediente de Regulación de Emprego (Ollo! Non que teña perdas, só que reduza os seus ingresos). ¡Ata a simple previsión de perdas é causa de despedimento “obxectivo”!
-Tamén poderán despedirte obxectivamente por acumular baixas por enfermidade.
-O control administrativo por parte da autoridade laboral para declarar unha ERE tamén queda eliminado, o empresario non precisará de autorización previa. Así que agora poderanse aplicar con moitísima maior facilidade os Expedientes de Regulación de Emprego e as exiguas indemnizacións de 20 días por ano traballado serán a tónica habitual.
-Creanse novos tipos de contrato con periodos de proba dun ano durante os que poden despedirte sen causa xustificada nen indemnización algunha. Ademáis poderán encadearse estes contratos sempre que o traballador cambie as súas “funcións” na empresa.
-Prémiase a contratación de parados que cobran o subsidio, polo que aqueles que non o cobran terano máis difícil para acceder a un emprego.
-Facilítase a mobilidade laboral. Tanto a funcional, pois agora poderás facer calquer traballo independentemente da túa “categoría profesional”, como no tocante a xornada laboral, que o empresario poderá distribuir como lle veña en gana sempre que respete os períodos mínimos de descanso. Evidentemente isto favorece sobremanera o mobbing laboral, aínda que ¿Para que che van facer mobbing se te poden despedir por unha miseria?
-Agora priman os convenios da empresa sobre os convenios territoriales ou do sector. Polo que a túa empresa pode descolgarse da negociación colectiva do seu ramo para obligarte a aceptar condicións de traballo por debaixo do acordado nos convenios superiores.
-Ábrense as portas ó despedimento do persoal laboral das administración e empresas públicas con problemas presupuestarios.
-Aqueles que estén cobrando o paro terán a obligación de facer “traballos de interese xeral en beneficio da comunidade” se son requeridos para iso.
-Amplíase a duración dos contratos de aprendizaxe de dous a tres anos, para aqueles que teñan entre 16 e 33 anos, aínda que poderán encadearse se cambia a actividade do traballador na empresa. Durante o primeiro ano poderán cobrar un mínimo de 480 euros (pois na teoría só traballarán o 75% da xornada laboral) e a partir do segundo o mínimo será de 544 euros (o 85% da xornada). Na práctica todos imaxinamos o que pode pasar, con xente encadeando contratos de “aprendizaxe” ata os 33 anos, facendo as xornadas completas (senon máis) e cobrando por debaixo do salario mínimo.
-As ETTs son agora “axencias de colocación” privadas. Usurpando descaradamente as competencias que ata o de agora só tiña a administración, e coa única obligación pola sua parte de presentar una “declaración responsable” que indique que cumpren coa lexislación que regula a política de emprego.
-Os traballadores a tempo parcial, que antes non podían facer horas extraordinarias, agora si que poden. O que evidentemente abre a porta a os traballos de tempo completo con salario parcial.
-Ademáis de todo o dito, nesta reforma laboral ofrécense multitud de axudas, reduccións de impostos e outros variados incentivos económicos ás empresas, pagados co diñeiro público, nuns tempos de recortes sociais sen precedentes para os parados e traballadores.

Os sindicatos non te van salvar, eles son parte imprescindible do problema! Organízate e loita.

E para que vexades que non mentimos:
A reforma laboral no B.O.E. aquí.
O estatuto dos traballadores antes da reforma (para comparar) aquí.


C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario