17 feb 2012

Multas xs solidarixs coa sala Yago

Chegan multas de 300 euros xs 35 identificadxs na segunda manifestación contra o desaloxo da okupada Sala Yago en Compostela. Despois das duras cargas policiais da mañá do desaloxo e da multitudinaria manifestación desa tarde, agora a represión chega por vía de sanción administrativa para xs que na semana seguinte amosaron a súa solidariedade cxs detidxs e a repulsa á actuación da policía e do concello.

As multas ascenden a un total de 10.500 euros ás que haberá que sumarlles as máis que probables sancións xs 12 detidxs no interior da okupa (que por certo declararán o vindeiro luns 20 ás 9:30 da mañá) e quizáis ás dxs identificadxs o día do desaloxo.


Esta info chegoulle ó correo a un dos administradores da páxina.
Novas relacionadas co desaloxo da Sala Yago neste blog: aquí, aquí, aquí e aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario